Odontoblasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 23:
 
==Mecanismo==
Os odontoblastos son grandes células columnares dispostas nunha capa epitelioide ao longo do límite entre a dentina e a pulpa, que chega ata o ápice da raíz dental. Teñen unO abundante [[retículo endoplasmático]] e [[aparato de Golgi]] que teñen, especialmente durante a formación da dentina primaria, o que lles dá unha gran capacidade secretora (primeiramente de matriz coláxena para formar a predentina, despois de mineral para formar a dentina completa). O seu núcleo sitúase lonxe da dentina, co seu aparato de Golgi e retículo endoplasmático sobre el en dirección á dentina, o que reflicte a súa secreción unidireccional. Na formación da dentina inicial móvese en dirección á pulpa, afastándose do límite primitivo entre o epitelio do esmalte interno e a unión dental papilar, formando detrás unha estrutura tubular chamada ''proceso do odontoblasto''. Mantense a estrutura de formas afiadas do proceso con fibras do [[citoesqueleto]], principalmente [[filamentos intermedios]]. Unha fibra nerviosa A-delta pulpar queda envolta na base deste proceso, ou atravesa un pequeno tramo do túbulo dentinal (máximo ~0,1 mm). Este proceso apóiase nun túbulo denominado túbulo dentinal. Nun dente completo, este proceso raramente se estende alén de 1/3 do grosor da dentina, o que fai que a teoría da transdución dos odontoblastos sobre a sensibilidade dental sexa improbable. Os odontoblastos segregan a proteína [[reelina]] da [[matriz extracelular]] <ref name="pmid15464360">{{cite journal |author=Maurin JC, Couble ML, Didier-Bazes M, Brisson C, Magloire H, Bleicher F |title=Expression and localization of reelin in human odontoblasts |journal=[[Matrix biology : journal of the International Society for Matrix Biology]] |volume=23 |issue=5 |pages=277–85 |year=2004 |month=August |pmid=15464360 |doi=10.1016/j.matbio.2004.06.005 |url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S0945-053X(04)00081-2}}</ref>.
 
As funcións do ''proceso do odontoblasto'' son as seguintes: