Arrecife, Lanzarote: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 43:
 
Os fenómenos ambientais que máis inflúen sobre o clima arrecifeño son a proximidade ao mar, que suaviza as temperaturas; o influxo do [[vento alisio]], que sopra con forza durante boa parte do ano e modera os rexistros climáticos e a proximidade ao [[África|continente africano]], que posibilita a presenza de episodios ocasionais de [[Calima (meteoroloxía)|calima]] ou po en suspensión procedente do [[deserto do Sahara]] acompañado de temperaturas máis altas cando o vento sopra desde o continente.
 
== Lugares de interese histórico ==
 
* Baía de Arrecife
* Casa dos Arroyo
* Castelo de San Gabriel
* Salinas de Naos
* Salinas de Bufona
* Igrexa de San Ginés de Clermont
 
== Cultura e festas ==
A cultura tradicional de Arrecife é de orixe mariñeira, debido á historia da cidade. A pesar do desenvolvemento e modernización dos últimos anos esta aínda mantense viva a través de agrupacións folclóricas como a Parranda Marinera de Los Buches, xogos tradicionais como os "jolateros" (barquillos construídos con bidóns de hoxalata) e regatas de vela latina.
 
As festas patronais celébranse o 25 de agosto en honra a San Xenxo (''San Ginés''). Tamén ten importancia o [[Entroido de Arrecife]]. Durante a celebración do [[Corpus Christi]] elabóranse polas rúa do centro da cidade alfombras de sal.
 
== Transporte ==