Arrecife, Lanzarote: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
Liña 50:
 
== Transporte ==
Arrecife atópase nunha posición céntrica con respecto a boa parte das principais vías de comunicación terrestre de [[Lanzarote]]. A estrada LZ-2 comunica á capital co sur da illa, dirección [[Yaiza]], e a LZ-20 co interior, cara ao municipio de [[Tinajo]]. Ambas contan con tramos de [[autovía]]. Mentres, a estrada LZ-1 conecta Arrecife co norte de Lanzarote.
 
O transporte público urbano por estrada lévase a cabo a través das catro liñas da empresa municipal de [[autobús|guaguas]]. Ademais, desde Arrecife, principalmente desde a súa estación, parten a maioría das rutas interurbanas de transporte público da illa.
 
O [[Aeroporto de Lanzarote]] atópase a 5 [[km]] de Arrecife, en Playa Honda, situada no municipio de [[San Bartolomé, Lanzarote|San Bartolomé]].
 
O [[Porto de Arrecife]], coñecido como porto de Los Mármoles, conecta polo mar as illas de [[Tenerife]], [[Gran Canaria]] e [[Fuerteventura]]. Ademais, existen rutas coa Península Ibérica que arriban ao porto de [[Cádiz]]. Trátase do principal punto de entrada de mercancías á illa, e nos últimos anos consolidouse como o segundo porto en tráfico de cruceristas de Canarias, só superado polo [[Porto de Santa Cruz de Tenerife]].
 
== Deporte ==