Diferenzas entre revisións de «Rhode Island»

m (r2.7.1) (Bot: Modifico: az:Rod-Aylend)
En [[1663]], o rei [[Carlos II]] outorgou unha nova carta á colonia. John Clarke recibiu esta ''Carta de Rhode Island e as Plantacións de Providence'', que garantía a liberdade relixiosa e establecía as fronteiras que ten o estado na actualidade. Segundo este documento, que foi utilizado como Constitución estatal ata 1842, só os terratenentes tiñan o dereito a voto.
 
As relacións entre os habitantes de Nova Inglaterra e os indíxenas foron tensándose, e ata en ocasións levaron ao derramamento de sangue. O [[19 de decembro]] de [[1675]], unha milicia colonial de [[Connecticut]], a Baía de Massachussets, [[Plymouth]] e Rhode Island masacraron ao redor de 350 indios Narragansett na Batalla do Gran Pantano. As tribos que vivían ao redor de Rhode Island eran os [[Wampanoag]], os Pequots, os Narragansett e os [[Nipmuck]]. Un nativo, chamado [[Squanto]], axudou a pacificar as hostilidades entre os nativos e os colonos, e ensinou a estes últimos a sobrevivir na zona.
 
O suceso máis importante na Rhode Island do [[século XVII]] foi a Guerra do Rei Philip (1675-1676). O ''Rei Philip'' (alcume para o xefe tribal dos Wampanoag, Metacomet) decidiu rebelarse contra os ingleses, quen compraran a terra da tribo ao seu pai. Os primeiros ataques foron ao redor da Baía de Narrangansett, pero se estenderon gradualmente por toda Nova Inglaterra.
230.468

edicións