Linguas nórdicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: dsb:Pódpołnocnogermaniske rěcy
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 26:
{{legend|#ff0000|Liña que sinala a división entre as linguas xermánicas setentrionales e occidentais}}
]]
A [[lingüística histórica]] diferenza entre dúas pólas principais: linguas escandinavas occidentais ([[noruegués]], [[lingua feroesa|feroés]] e [[islandés]]) e linguas escandinavas orientais ([[dinamarqués]] e [[lingua sueca|sueco]]), todas elas cos seus respectivos [[dialecto]]s e [[variedades diatópicas|variedades]]. As dúas pólas derivan, respectivamente, dos dialectos occidental e oriental do [[Nórdico antigo]]. Houbo tamén unha póla denominada [[Gútnico antigo]] falada na illa de [[Gotland]]. As linguas escandinavas orientais (e o [[lingua norueguesa|noruegués]] moderno a través do [[lingua dinamarquesa|dinamarqués]]) foron moi influídas polo medio-baixo alemán durante o período da [[liga Hanseática|expansión Hanseática]].
 
Na actualidade, os empréstamos do [[lingua inglesa|inglés]] están influíndo nestas linguas. Un informe do ano [[2005]] sobre palabras usadas por falantes das linguas escandinavas amosou que o número de empréstamos do inglés empregados nas linguas escandinavas duplicouse nos derradeiros 30 anos e que agora constitúe o 1'2% do seu léxico. O [[lingua islandesa|islandés]] importou un menor número de palabras inglesas que outras linguas escandinavas, malia ser o país no que máis se emprega o inglés.<ref name="Urban">"Urban misunderstandings". In [http://web.archive.org/web/20050213062716/http://www.norden.org/norden_i_veckan/2005/uk/050117.asp Norden this week - Monday 01.17.2005].The Nordic Council and the Nordic Council of Ministers. Consultado o 18 de setembro de 2009.</ref>