Cristalografía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova entrada. Fonte: Wikipedia en castelán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de decembro de 2004 ás 16:49

A cristalografía é a ciencia experimental que estudia o ordenamento dos átomos nos sólidos. Nos tempos antigos a cristalografía era o estudio científico de pedras cristalinas.

Os métodos cristalográficos apoianse fortemente na análise dos patróns de difracción que xurden dunha mostra cristalina ó irradiala cun haz de raios X, neutróns ou electróns. A estructura cristalina tamén pode ser estudiada por medio de microscopía electrónica.

Introducción

Un material cristalino é aquel no que os átomos estructúranse en redes tridimensionais que se repiten. A estructura que se repite denomínase célula cristalina. Os cristais clasifícanse segundo sexan as propiedades de simetría da célula cristalina. Estas propiedades de simetría tamén se manifestan en ocasión en simetrías macroscópicas dos cristais, como formas xeométricas ou planos de cortadura. O estudio da cristalografía require un certo coñecemento do grupo de simetría.

A cristalografía na bioloxía

A cristalografía dos raios X é o principal método de obtenión de información estructural no estudio de proteínas e outras macromoléculas orgánicas (como a dobre hélice do ADN). A análise de moleculas tan complexas e, moi especialmente, con pouca simetría require unha análise moi complexa empregándose ordenadores para axustar o patrón de difracción ás posibles estructuras.


Ver tamén: