Xénero gramatical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Genero (gramatika)
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 4:
Nas [[linguas indoeuropeas]] as clases de palabras susceptibles da marca de xénero son xeralmente os [[substantivo]]s, [[adxectivo]]s, [[participio]]s e [[pronome]]s. Noutras coma o [[Lingua árabe|árabe]] o verbo tamén é susceptible de expresar o xénero.
 
Algunhas linguas teñen un só xénero e tratan todos os substantivos da mesma maneira dende un punto de vista gramatical. É o caso do vasco e das linguas ugro-fínicas (finés, estoniano, húngaro). Outras coma as [[Indoeuropeolinguas indoeuropeas|indoeuropeas]] (entre as que se atopan as [[Linguas románicas|románicas]]) teñen entre un e tres xéneros. Algunhas [[linguas caucásicas]] teñen entre catro e oito e a maior parte das [[Linguas bantús|bantús]] entre dez e vinte.
 
A distinción gramatical pode darse baixo formas diversas. A concepción de xénero gramatical varía grandemente de [[cultura]] a cultura. Os criterios máis comúns para distinguir os xéneros nominais nas diferentes linguas do mundo son os seguintes:
Liña 12:
* [[humano]] e non humano.
* masculino e feminino (como nas linguas románicas).
* [[masculino]], [[feminino]] e [[neutro]] (como no [[lingua latina|latín]], [[lingua alemá|alemán]] e [[linguas eslavas]]).
* masculino e outro.
* humano masculino e outro.
Liña 25:
A adscrición concreta de cada substantivo a un determinado xénero varia en función dos criterios propios de cada lingua, sendo moi habitual un chamado ''núcleo semántico'', iso é, que se prioriza a adscrición dos substantivos que se refiren a varón ao xénero masculino, de o haber, e a adscrición de referentes animados femias ao xénero feminino, etc. Mais tamén poden operar outros criterios tan variados como, por exemplo, a morfoloxía nominal ou a [[fonética]].
 
O [[lingua galega|galego]] demostra unha tendencia clara cara á adscrición segundo un principio semántico básico en combinación con criterios morfolóxicos. Por exemplo, todos os substantivos findos en “-ción” son femininos. Cumpre dicerdicir, para alén de máis, que a noción de ''núcleo semántico'' está moi aberta a condicionantes sociais, de tal modo que aquelas cousas que unha determinada cultura tende a identificar como masculino se ven habitualmente adscritas tamén ao xénero masculino e vice versa, como acontece en galego ''o sol'' e ''a lúa''.
 
Noutras linguas pode darse prioridade ao criterio morfolóxico, inclusive por encima do criterio semántico, como por exemplo en alemán, onde o sufixo diminutivo ”-chen” fai automaticamente que o substantivo ao que se aplique se adscribe ao xénero neutro, independentemente do xénero natural do referente do substantivo en cuestión, por exemplo ''Mädchen'' (''rapariga')'.
 
O [[lingua francesa|francés]], pola contra, é un claro exemplo dunha lingua que procede por adscrición fonética baseada nos sons finais dos substantivos.
 
== Xénero "natural" e xénero social ==
Tamén funcionan clarisimamente condicionantes sociais na adscrición de substantivos, sobre todo referentes a [[profesión]]s, á adscrición habitual que se fai de tais substantivos a un xénero ou non, sendo habitualmente masculinos os substantivos non marcados que se refiren a profesións [[cultura]]l ou [[Tradición|tradicionalmente]] do ámbito masculino, como por exemplo “médico”, do mesmo xeito que ocorre a inversa con profesións que se consideran priopriamente femininas, por exemplo “enfermeira”. Tal adscrición a un xénero gramatical a un outro tamén se dá naquelas linguas onde se aplica o chamado ''xénero natural'', como o inglés, onde segundo os [[prexuízo]]s sociais ou o marco semántico referencial o xénero denotacional dos substantivos [[epiceno]]s (neutro) choca co seu xénero connotacional no uso plasmado noutros elementos correferenciais da frase que si teñen flexión por xénero, máis habitualmente os pronomes. Por exemplo, ''nurse'' e ''doctor'' son ''[[strictu senso]]'' epicenos en inglés, iso é sen xénero gramatical, mais no uso tenden a ser feminino e masculinos respectivamente, p.e. ''when the nurse comes, tell her to...'' vs. ''when the doctor comes tell him to''
 
{{CategLinguisticas}}