Enerxía interna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Cambiada Category:Pendente categoría
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 1:
A '''enerxía interna''' dun sistema, é o resultado da [[enerxía cinética]] das [[moléculas]] ou [[átomos]] que o constitúen, das súas enerxía de rotación e vibración, ademais da [[enerxía potencial]] intermolecular debida ás forzas de tipo gravitatorio, electromagnético e nuclear, que constitúen conxuntamente as [[interaccións fundamentais]]. Ó aumentar a [[temperatura]] dun sistema, sen que varíe nada máis, aumenta a súa enerxía interna.
 
Convencionalmente, cando se produce unha variación da enerxía interna sen que se modifique a composición química do sistema, fálase de variación da enerxía interna '''sensible'''. Se se produce alteración da estrutura atómica-molecular, como ocorre nunha [[reacción química]], fálase de variación da enerxía interna '''química'''. Finalmente, nas reaccións de [[fisión]] e [[fusión]] fálase de enerxía interna '''nuclear'''.
Liña 5:
En todo sistema illado (que non pode intercambiar enerxía co exterior), a enerxía interna consérvase (Primeiro Principio da [[Termodinámica]]).
 
[[Category:PendenteCategoríafísica]]