Boromir: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ image
Calq (conversa | contribucións)
Liña 10:
}}
|}
[[ficheiro:Sean Bean 2005.jpg|thumb|180px|[[Sean Bean]], o intérprete de Boromir nas películas de [[Peter Jackson]], en [[2005]]]]
[[File:Boromir.png|thumb|Boromir]]
'''Boromir''' (2978 - 3019 [[Terceira Idade (Tolkien)|T.I.]]), un personaxe de fantasía do universo da [[Terra Media]] de [[J. R. R. Tolkien]], é un dos nove camiñantes que formaron a [[Irmandade do Anel]] no seu libro de fantasía, ''[[O Señor dos Aneis]]''. El aparece nos primeiros dous volumes, ''[[A Irmandade do Anel]]'' e ''[[As Dúas Torres]]'', e é mencionado no derradeiro volume, ''[[O Regreso do Rei]]''.
 
Era o fillo maior de [[Denethor II]], o último dos [[Mordomo de Gondor|mordomo]]s de [[Gondor]]. Como descendente dos [[Númenor|Numenorianos]], el era alto, de cabelo longo, e tiña ollos grises. Tamén tiña unha incrible forza física.
 
== Adaptacións ==
Tanto na [[The Lord of the Rings (filme de 1978)|película de animación]] dirixida por [[Ralph Bakshi]] en [[1978]] como no [[The Lord of the Rings (serial radiofónico de 1981)|serial radiofónico]] emitido pola [[BBC]] en [[1981]], a voz de Boromir foi interpretada por [[Michael Graham Cox]]. Na película de Bakshi, Boromir foi debuxado cun aspecto de [[bárbaro]] ou [[viquingo]], incluso con dous afiados cornos no casco, que nada ten que ver co texto de Tolkien.
 
=== Triloxía cinematográfica de ''O Señor dos Aneis'' ===
[[ficheiroFicheiro:Sean Bean 2005.jpg|thumb|180px|[[Sean Bean]], o intérprete de Boromir nas películas de [[Peter Jackson]], en [[2005]]]]
Na triloxía de [[Peter Jackson]], o actor [[Sean Bean]] interpreta o personaxe de Boromir. En contra da distribución dada por Tolkien para os feitos da novela, a morte de Boromir sucede ao final de ''[[O Señor dos Aneis: A Irmandade do Anel|A Irmandade do Anel]]'', en vez de ao principio de ''[[O Señor dos Aneis: As Dúas Torres|As dúas torres]]'', pois os guionistas decidiron usar esta escena como [[desenlace]] da primeira película. Esta decisión implicou que o papel de Sean Bean se limitara case en exclusiva a ''O Señor dos Aneis: A Irmandade do Anel'', aparecendo nas outras dúas unicamente en diversos ''[[flashback]]s'', que conseguen, non obstante, que o actor apareza nos créditos das tres películas:
* Na versión exhibida en cines de ''[[O Señor dos Aneis: As Dúas Torres]]'' aparece brevemente ao principio, cando se repite a escena da caída de [[Gandalf]] e o [[balrog]] en [[Moria]] a modo de ''flashback'' de enlace.
* Na edición estendida da anterior, Boromir aparece en dúas escenas máis: un recordo de [[Faramir]], no que se ve como chega o seu cadáver a [[Gondor]] flotando sobre unha balsa polo [[Anduín]], co [[Corno de Vorondil]] roto en dúas partes sobre o peito; e outro dunha conversación sobre o «[[Anel Único|Dano de Isildur]]» entre os dous irmáns e o seu pai tras a vitoria de [[Osgiliath]] e antes de que Boromir parta para unirse ao [[Concilio de Elrond]].
* Na versión reproducida nas salas de ''[[O Señor dos Aneis: O Regreso do Rei]]'', Sean Bean aparece nunha breve lembranza de [[Peregrin Tuk|Pippin]] sobre o seu heroico sacrificio.
* Na edición estendida desta última, aparece ademais na visualización dun desvarío de [[Denethor II]], que confunde a Faramir co seu fillo maior, morto.
 
Outra diferencia argumental relacionada con Boromir é a representación da súa morte: mentres que na novela se narra como é abatido por frechas lanzadas por anónimos [[Uruk-hai|uruks]] liderados por [[Uglúk]], na película os guionistas decidiron dar un papel máis relevante a [[Lurtz]], un personaxe uruk inventado por eles, sendo este o que dá morte a Boromir co seu arco.
 
En canto ao aspecto físico do personaxe e a súa caracterización, Sean Bean ten o cabelo claro, mentres que Tolkien describe a Boromir co cabelo moreno. Ademais, na novela, Boromir utiliza unha [[espada longa]] e unha [[daga]], e non usa [[cota de malla]], ou polo menos non se especifica; mentres que Sean Bean si a viste no filme, e emprega unha [[espada ancha]].
 
{{Irmandade do Anel}}