Samo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Calq (conversa | contribucións)
Liña 35:
Samo decide quedarse. Pagán ao igual que os seus compañeiros de combate, con eles vive como un líder militar ao servizo das tribos eslavas, encargado de organizar a súa defensa. As tribos que o recoñecen como [[Príncipe]] son os [[Moravia|moravos]] e os [[Chequia|checos]], e pode que a extensión xeográfica alcanzase [[Eslovaquia]], a [[Baixa Austria]] e [[Carintia - Koroška|Carintia]]. As fronteiras do reino de Samo son en realidade pouco coñecidas, pero probabelmente ían máis alá das fronteiras actuais da [[República Checa]].
 
Sen dúbida as tribos pagaban tributo ao príncipe e aos seus exércitos, pero o groso dos recursos proviñan do saqueo dos países circundantes. Os eslavos, dirixidos polo rei Samo, lograron derrotar todos os ataques dos ávaros. Pero tamén se viron obrigados a loitar contra os francos, xa que houbo incidentes con comerciantes deste pobo asasinados, e aos quenque tamén se lles roubaran os bens.<ref>Crónica de Fredegario, Anno: 630, páx. 161.</ref>
 
O acontecemento máis famoso do seu reinado foi a vitoria do seu exército contra o exército real dos francos dirixido polo mesmo rei, [[Dagoberto I]], no ano [[631]]. Samo é atacado no seu bastión de Wogastisburg, en latín ''castrum Wogastisburc'' (a situación exacta desta fortificación non se coñece), polo que se coñece como a ''batalla de Wogatisburgo''. Como consecuencia da dura derrota dos francos, os [[sorabio]]s abandonáronos e se unironuníronse ao reino de Samo.
 
== Legado ==