Empresa pública: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vagobot (conversa | contribucións)
Tfeliz (conversa | contribucións)
m pequenos erros
Liña 6:
Non obstante, así como se di que as empresas públicas procuran o ben da sociedade, son branco de críticas por parte da [[ortodoxia económica]] e a doutrina [[neoliberalismo|neoliberal]], que as describe como ineficientes por natureza, por mor da burocracia administrativa e a falla de estímulo dos traballadores, indicando ademais que a [[libre competencia]] mellora a produtividade. Co auxe desta serie de teorías a finais dos anos '70 a súa posterior hexemonía nos '80 e '90, moitas antigas empresas do estado foron privatizadas e convertidas en empresas privadas, dando lugar ao chamado [[libre mercado]].
 
[[América Latina]] e Europa do Leste (despois da desarticulación da [[Unión Soviética]]) foron un campo de probas para as privatizacións, promovidas polo [[FMI]] e a [[OMC]], entre outros organismos internacionais. Sen embargo, houbo diferenzas no grao de privatización da economía entre os diferentes países. Mentres que en [[Arxentina]] as empresas do Estado foron casicase todas vendidas ou disoltasdisolvidas, como Ferrocarriles Argentinos e a petroleira YPF, o seu veciño [[Uruguai]] conservou unha gran cantidade delas, como a telefónica ANTEL e a petroleira ANCAP.
 
Nalgúns países, como [[Nova Celandia]], foron [[corporatización|corporatizadas]]; isto é, mantívose a propiedade do Estado sobre a empresa pero o seu funcionamento faise en forma autárquica como se fora unha empresa privada común e corrente.