Familia de linguas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: mr:भाषाकुळ
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 5:
As familias de linguas poden ser subdivididas en unidades menores, normalmente denominadas "ramas" (a historia dunha familia de linguas represéntase frecuentemente como unha [[árbore]])
 
O devanceiro común dunha familia (ou unha rama) coñécese como "[[protolingua]]". Por exemplo, a protolingua reconstruída da ben coñecida familia [[Indoeuropeolinguas indoeuropeas|indoeuropea]] é chamada [[lingua protoindoeuropea|protoindoeuropeo]] (da que non se conservan restos escritos xa que foi usada antes da invención da [[escrita]]). Ás veces unha protolingua pode ser identificada cunha linguaxe coñecida.
 
Así, os dialectos provinciais do [[lingua latina|latín]] ("latín vulgar") foron orixe das [[linguas romances]] modernas. É dicir, a lingua "protorromance" é mais ou menos idéntica ao latín (aínda que non idéntica ao latín culto dos escritores clásicos). Os dialectos do [[antigo nórdico]] son a protolingua do [[lingua norueguesa|noruegués]], o [[lingua sueca|sueco]], o [[lingua danesa|danés]] e o [[lingua islandesa|islandés]]. De alí que ditas protolinguas resulten dunha "reconstrución" que os lingüistas intentan a partir de datos coñecidos e de varios sistemas de comparación lingüística e de evolución lingüística (ex.: ''a [[glotocronoloxía]]'', ''a [[léxico-estatística]]'', etc.).
 
As linguas que non poden ser clasificadas con seguridade en ningunha familia son chamadas [[linguas illadas]].