Lingua celtibérica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución de "Ver tamén" por " Véxase tamén" segundo WP:LE
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 13:
| posición =
| extinción =
| fam1 = [[linguas indoeuropeas|Indoeuropea]]
| fam2 = [[Linguas celtas]]
| fam3 = [[Linguas célticas continentais|continentais]]
Liña 32:
A '''lingua celtibera''' é unha lingua [[Linguas celtas|celta]] [[Linguas paleohispánicas|paleohispánica]] falada no centro da [[Península ibérica]] ata polo menos o século I da nosa era nas actuais provincias españolas de [[Zaragoza]], [[Teruel]], [[Soria]], [[Burgos]] e [[Palencia]] polos [[celtiberos]].
 
De entre as [[linguas célticas continentais]], o '''celtibero''' está peor documentado có [[Lingua gala|galo]], pero mellor có [[lingua lepóntica|lepóntico]] e o [[Lingua gálata|gálata]]. Á parte de moitas moedas inscritas, foron sobre todo os bronces de [[Botorrita]] (ver máis adiante) os que posibilitaron a reconstrución da lingua. Ademais, como en todas as linguas paleohispánicas, existen outras pequenas inscricións e abundantes [[teónimo]]s, [[antropónimo]]s e [[topónimo]]s.
 
Mallory (1989, p. 106) clasifica o celtibero como unha lingua "[[celta Q]]" (coma o [[goidélico]]) e non como unha lingua "[[celta P]]" (coma o [[Lingua galesa|galés]]). A diferenza baseábase na conservación ou evolución a /p/ do fonema labiovelar xordo /kw/ do [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeo]]. Actualmente a maioría dos lingüistas refugan esta clasificación.
 
O celtibero presenta un pronome relativo ''ios'' case completamente declinado, que non se conserva en ningunha das outras linguas célticas, e as partículas ''kue'' “e”, ''nekue'' “nin”, ''ue'' “ou”. Coma no galés, existe un subxuntivo en ''s'', ''gabiseti'' (antigo irlandés ''gabid''), ''robiseti'', ''auseti'' (comparar co [[lingua umbra|umbro]] ''ferest'').