Lei de Grassmann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m [r2.5.2] bot Engadido: no:Grassmanns lov
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 1:
A '''lei de Grassmann''', chamada tamén « lei de [[disimilación]] das [[consoante aspirada|aspiradas]] », é unha [[lei fonética]] que describe unha modificación acaecida nun estadio prehistórico do [[grego antigo]] e do [[lingua sánscrita|sánscrito]] (unha fase que segue directamente ao [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeo]], de feito), modificación que quedou efectiva todo ao longo da súa historia. Estúdase na [[fonética histórica]] destas dúas linguas. Malia ser coñecida e correctamente explicada polos gramáticos indios, leva o nome do seu « descubridor » occidental, [[Hermann Grassmann]].
 
== Funcionamento ==
 
Esta lei explica que cando nunha mesma palabra se atopa unha secuencia de dúas consoantes aspiradas (φ /pʰ/, χ /kʰ/, θ /tʰ/ e o [[espírito áspero]] /h/ pola parte grega, todas as consoantes transcritas cun ''h'' subsecuente pola parte do [[lingua sánscrita|sánscrito]], como ''th'', ''bh'', etc., ), a primeira [[disimilación|disimílase]] en non aspirada: a primeira consoante é reemprazadasubstituída polo seu equivalente simple (π /p/, κ /k/, τ /t/ ou o espírito suave pola parte do grego, a consoante sen o seu ''h'' subsecuente pola do sánscrito, como ''t'', ''b'', etc.).
 
Esta lei intervén en moitos estadios:
Liña 25:
==== En grego ====
 
Os casos de sandhi de aspiradas son numerosos e permiten comprender irregularidades internas que fan alternar varias formas para un mesmo radical. Por exemplo, en grego antigo o verbo ἔχ-ω ''ékʰ-ō'' « ter » fai o seu futuro en ἕξω ''héxō'', coa aparición « irregular » dunha aspiración inicial. Para comprender a súa orixe, cómpre saber que a etimoloxía grega é ''*hekʰ-'', que provén do [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeo]] *''segʰ-'' (con paso de ''*s'' inicial a /h/ e [[desonorización]] da aspirada sonora, dous procesos fonéticos regulares en grego). O presente ἔχω ''ékʰō'' explícase, pois, por aplicación da lei de Grassmann e remonta a ''*hékʰ-ō''. O futuro provén de *ἕχ-σω ''*hékʰ-sō''. Pero, a secuencia χσ ''kʰs'' pasa regularmente a κσ, escrito ξ ''x'', por desaspiración da consoante. Nese instante, pásase simplemente de ''*hékʰ-sō'' a ἕξω ''hék-sō'', sen disimilación da primeira aspirada.
 
Atópanse moitos casos similares nas linguas grega e sánscrita, que dan orixe a pseudo-formas irregulares que fan difícil a súa aprendizaxe se se ignora a súa orixe. Se en ἔχω ''ékʰō'' ~ ἕξω ''héksō'' a irregularidade é, graficamente, pouco visible (non afecta máis cós [[diacríticos do alfabeto grego|espíritos]]), é moito máis flagrante na flexión de θρίξ ''tʰrix'' « pelo », cuxo radical amosa unha alternancia θρικ- ''tʰrik-'' ~ τριχ- ''trikʰ-'', segundo que a consoante aspirada radical final estea seguida ou non dun /s/, que a desaspira e impide que actúe a Lei de Grassmann: