Substratos do galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 77.209.52.88 (conversa); cambiado á última versión feita por DerHexer
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 2:
 
=Preindoeuropeos=
Durante a [[Idade de Pedra]] ata aproximadamente o ano [[-3000|3000]] antes de Cristo chegaron ás nosas terras compoñentes non [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeo]]s, traídos tanto polos propios pobos que falaban esas linguas coma mediante [[empréstimo]]s a través de falantes doutras linguas ou mesmo polos propios romanos. Dentro deste continxente distínguense dous grupos: elementos preindoeuropeos compartidos coas zonas [[éuscaro|vascófonas]] fronte ás reliquias que non teñen un paralelismo coñecido no euskera.
 
== Comúns ó éuscaro==
A grande maioría de voces non indoeuropeas relacionadas co léxico vasco están pouco ou nada estendidas por territorios de actual fala catalanacatalá. Entre todo o repertorio léxico deste tipo hispanovasco cómpre distinguir tres tipos:
 
* Unha compoñente euroafricana ou mediterránea, espallada por [[Hispania]], [[Galia]], [[Italia]] e o norte africano datable no [[Paleolítico Superior]] (35.000 a. de C. - 8.000 a. de C.), relacionando o [[íbero]] co [[lingua mauritana antiga|mauritano]] (unha lingua [[berber|prebérber]] norteafricana) e causada pola relación transmediterránea. Nesta camada poderíanse considerar voces coma ''cosco, mata, queiroga'' e voces con ''carr-'' (''carqueixa, carrasco, carrapucho, carroucho'') segundo Hubschmid e ''balsa, caram(b)elo, meda'' e voces con ''barr-'' (Bar de Riba, en [[Santiago de Compostela]]) para Rivas Quintas.