Agricultura de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
cómpre referencia
Liña 2:
Tradicionalmente, a '''agricultura galega''', caracterizada polo [[minifundismo]], baseouse no policultivo e no traballo intensivo. Nos últimos tempos, o sector experimentou cambios profundos de cara á súa modernización.
 
== Cultivosputa ==
Na actualidade {{cómpre referencia}}, os cultivos de maior extensión son os seguintes:
 
*Plantas forraxeiras ([[millo]] forraxeiro e praderías polifitas): 230.987 ha de superficie e 11.342.200 t de produción. Son a base da produción gandeira galega e, xunto cos prados e pasteiros, constitúen o eixe da paisaxe agraria na meirande parte do territorio.
*Cereais: o [[trigo]] e o [[centeo]] ocupan 24.156 ha de superficie, cunha produción de 62.738 t.
*[[Vide]]: 30.806 ha de superficie, das que o 25,3% está acollido a algunha das [[Denominacións de orixe de Galicia|denominacións de orixe]], e 234.744 t de produción. As maiores extensións de viñedo danse nas provincias de [[provincia de Pontevedra|Pontevedra]] e [[provincia de Ourense|Ourense]].
*[[Pataca]]: 22.413 ha de superficie e 462.781 t de produción. É un cultivo tradicional moi apreciado pola súa calidade e sabor. O 3% da superficie está acollida á denominación específica Pataca de Galicia, cunha produción de 3.604 t.
*Cultivos hortícolas: a produción de [[tomate]], [[leituga]], [[cebola]], [[feixón verde]], [[repolo]] e [[coliflor]] conta cunha superficie de 7.140 ha. Son produtos de alta calidade, vinculados a pequenas hortas familiares, en gran parte orientados ó autoconsumo, pero cunha clara tendencia a adaptarse ós mercados e a conseguir unha maior profesionalización.
 
== Véxase tamén ==