Club Deportivo Laudio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
Liña 24:
 
== Historia ==
O Club Deportivo Laudio é un club de fútbol que en [[2002]] viviu a unión dos dous clubs existentes na cidade, primeiramente [[unificación]] e finalmente [[absorción]] auspiciada polo propio Concello da localidade. Os clubs unificados foron a [[Sociedad Deportiva Llodio]] e o [[Club Deportivo Salleko Lagunak]]. Con data [[16 de xullo]] de [[1927]], en sesión extraordinaria, o Concello local en pleno concede "200 pesetas, e que estas se aboen en concepto funcións e festexos do presuposto de gastos para apoiar as ilusións do club recén creado". Desta forma, a SD Llodiana ou SD Llodio, orixe do actual Club Deportivo Laudio comezou a andar, aínda que orixinariamente o fútbol en [[Laudio]] se remonta aos tempos do Llodio Club, club fundado en [[1912]]. Este club tivo a honra de inaugurar Basozelai en [[1914]], o antigo campo do [[Club Deportivo Baskonia]].
 
O club disputou a [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Xeneralísimo]] (actual Copa do Rei) en [[1973]] caendo na primeira eliminatoria ante o [[Deportivo Alavés]]. Ambos os dous partidos disputáronse en [[Estadio de Mendizorroza|Mendizorroza]], co obxectivo de conseguir máis recadación para o Llodio. O encontro de ida rematou 0-2 e no de volta os "babazorros" volveron vencer por 2-0.
 
Orixinalmente, o club froito da unión adoptou o nome de ''Club Deportivo Llodio-Salleko''', pero actualmente denomínase oficialmente '''Club Deportivo Laudio''', despois de adoptar en [[2006]] o nome en [[lingua vasca]] da cidade. Non obstante, aínda adoita nomeárselle baixo a denominación de ''Laudio Salleko'' ou ''Llodio'' a miúdo.
 
Na súa primeira tempada tras a tan ansiada unificación do fútbol local, 2002/03, logrou ascender da categoría preferente alavesa (onde competían os dous clubs que se unificaron no Llodio-Salleko) á [[Terceira división española|Terceira División]].
 
Na tempada 2010/11 o club vermello e branco disputou o play-off de ascenso a [[Segunda B]] tras quedar segundo clasificado do grupo IV de [[Terceira División]]. O sorteo emparelloulle co [[CF La Nucía]]. No encontro de ida o Laudio perdeu 1-0 mentres que no partido de volta disputado o 28 de maio de 2011 no [[Estadio Ellakuri]] o resultado final foi de 2-1, pasando desta forma o conxunto alicantino á seguinte rolda. O gol dos visitantes chegou no minuto 94.
 
==Datos do club==