Arenas Club de Getxo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en catalán
Liña 28:
 
== Historia ==
As primeiras manifestacións de fútbol na cidade datan do [[1901]], pero non foi ata o [[1909]] cando se fundou o '''Arenas Football Club'''. O ano [[1912]] pasou a denominarse '''Arenas Club''' e o [[1917]] adoptou a denominación definitiva de '''Arenas Club de Getxo'''.
 
O club destacou principalmente ao primeiro terzo de [[século XX]]. Estableceu unha forte rivalidade coa [[Athletic Club de Bilbao]]. Non foi ata o [[1917]] que conseguiu vencer no Campionato Norte vencendo o resto de equipos vascos. Este mesmo ano foi finalista da [[Copa do Rei de fútbol|Copa de España]] pero foi derrotado polo [[Real Madrid|Madrid]] na final disputada en [[Barcelona]]. Dous anos máis tarde gañou o campionato de Biscaia e proclamouse campión de [[Copa do Rei de fútbol|Copa]] ao vencer ó [[Futbol Club Barcelona|Barça]] na final o [[18 de maio]] de [[1919]] ao estadio Martínez Campos de [[Madrid]] cun marcador final de 5-2. A aliñación do equipo foi Jáuregui; Vallana, Careaga; Uriarte, Arruza, José María Peña; Ibaibarriaga, Pagaza, Sesúmaga, Barturen e Florencio Peña. O club aínda foi dous veces máis finalista de Copa os anos [[1925]] e [[1927]].
 
O ano [[1928]] o Arenas foi un dos 10 equipos seleccionados para disputar a primeira liga española, na que rematou quinto. A seguinte tempada, a 1929-30, rematou terceiro, a súa mellor clasificación. Aqueles anos o fútbol empezou a profesionalizarse e o Arenas empezou a perder importancia. Rematou 10º e último a tempada 1933-34, pero a ampliación da categoría a 12 equipos salvárono do descenso. A seguinte campaña rematou 12º e perdeu a categoría, que nunca máis volveu recuperar. En total xogou 7 tempadas na [[Primeira División Española|Primeira División]]. O seu último grande éxito foi a vitoria na Copa Vasca da tempada 1935-36.
 
O ano [[1944]] baixou a [[Terceira División Española|Terceira División]]. Só volveu subir a [[Segunda B]] na tempada 1979-80.
 
== Datos do club ==