Candlebox: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m cat.
Beninho (conversa | contribucións)
m arranxiño
Liña 34:
O [[21 de xullo]] de [[1998]] Candlebox editou o seu terceiro álbum de estudio, ''[[Happy Pills]]''. A pesar de ser un regreso ao son sinxelo da súa estrea, o traballo só conseguiu un éxito marxinal. A canción "Glowing Soul" foi tamén gravada para a banda sonora de ''The Waterboy'' e incluída a petición de [[Adam Sandler]]. Inspirada na película, o tema está baseado nun ritmo de [[Bo Diddley]], e foi gravada con equipo antigo.
 
O seguinte ano sería moi turbulento na carreira da banda. Krusen saiu de Candlebox e foi reemprazado por Shannon Larkin de [[Ugly Kid Joe]]. Bardi Martin tamén marchou para ir á universidade e no seu lugar chegou Rob Redick, antigo membro de Dig. No [[2000]] Candlebox entrou en hiato. Sedundo Martin, a banda non estaba contenta co seu contrato discográfico e intentou liberarse de Maverick por disolución. O selo considerou que Martin era o único membro restante, pero despois de dous anos de disputas sobre a gravación dun obrigatorio cuarto álbum de Candlebox album, Martin rendeuse. No ano [[2007]] Martin non recibira os seus ''royalties'' polas vendas dende o [[2001]], e non os recibiría ata que gravase un cuarto traballo. Outros membros da banda, porán, si cobraron as súas partes.
 
=== Reunión ===