Cibrán de Cartago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 3:
 
==Traxectoria==
De etnia [[bereberbérberes|bérber]], era un home culto e rico, profesor de retórica. Segundo el mesmo relata en ''A Donato'', o seu estilo de vida estaba arrastrado polo que el denominaba vicios e malos desexos (particularmente a avaricia). Tras a súa conversión, e segundo conta [[Xerome de Estridón]] na súa obra ''De Viris'', entregou todos os seus bens aos pobres. Ao pouco tempo de achegarse ao [[cristianismo]] foi ordenado presbítero e bispo de [[Cartago]], isto último por aclamación popular no ano 248.
 
Durante a persecución de [[Decio]] fuxiu de Cartago, pero seguiu dirixindo a súa comunidade dende o seu refuxio. Con todo, os seus inimigos acusárono a [[Roma]], por covardía e abandono, recibindo a amoestación do [[Papa]]. Pasada a persecución, produciuse un cisma na súa igrexa entre os que defendían a acollida e o perdón aos que abxuraran da súa fe por temor á persecución e os que puñan trabas ao retorno á comunidade deses fieis máis febles (os denominados ''lapsi'': caídos). Cibrán convocou un concilio en Cartago, que esixiu un serio arrepentimento e que para aqueles que chegaran a render culto ao Emperador só habería unha admisión na proximidade da súa morte. O debate foi tan intenso que os partidarios da misericordia sen condicións elixiron un novo bispo chamado Fortunato. Pola súa banda os partidarios dunha dura inflexibilidade proclamaron bispo a Máximo. Isto colocou a Cibrán nunha posición de moderación entre as dúas correntes: suavizou as condicións para os arrepentidos pero os cregos que abxuraran no poderían voltar a desempeñar os seus cargos. A súa posición fortaleceuse cando tras unha gran praga de tifos e a consecuente fame, se volcou na pregaria e na atención aos esfameados e necesitados. Animou aos cristiáns a socorrer aos pagáns.
Liña 12:
 
==Pensamento==
Cibrán non abordou a especulación nin se elevou ata grandes tratados doutrinais, os seus escritos están ateigados de preocupacións prácticas cotiás na axitada vida das comunidades cristiáns da época. Gran admirador de [[Tertuliano]], tíñao como mestre e fonte de inspiración, aínda que se afastaba del nalgúns puntos do seu pensamento. Condenou o espectáculo da loita entre gladiadores, demandou dos crentes xenerosidade no auxilio dos marxinados e solidariedade cos pagáns, teimaba en que a oración cristiá era comunitaria e afastada do individualismo e pregaba por todos os homes (é célebre o seu comentario sobre o [[Noso Pai]]). A súa principal obsesión foi a defensa da unidade da Igrexa universal (unha era a fe e un o pobo crente cimentado na concordia), o que non foi óbviceóbice para que se amosara a prol da identidade da súa Igrexa africana. Louvou a virtude da humildade e a coherencia ata o martirio. As súas cartas son de grande utilidade para coñecer o [[latín]] común.
 
Cibrán fai unha severa autocrítica da Igrexa do seu tempo ata o punto de que a proba da persecución a atribuía á providencia divina para erguer a fe caída e aletargada que provocara volta ao [[pecado]] {{Cita|''Cada un buscaba engrosar a súa facenda e, esquecéndose da pobreza que practicaban os fieis en tempo dos [[apóstolo]]s e que sempre deberan seguir, non tiñan outra ansiedade que a de acumular bens cunha cobiza abrasadora e insaciable...Moitos bispos, que deben ser un estímulo e exemplo para os demais, desprezando o seu sagrado ministerio, empregábanse no manexo de bens mundanos e, abandonando a súa cátedra e a súa cidade, percorrían polas provincias estranxeiras os mercados a caza de negocios lucrativos, buscando amontoar diñeiro en abundancia mentres pasaban necesidade os irmáns da Igrexa|De lapsis'', 5-6}}
Liña 27:
 
==Significación==
Considerado como un dos [[Pais da Igrexa]] e como [[santo]], a súa festividade celébrase o 16 de setembro na [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] e o 31 de agosto na [[Igrexa Ortodoxa]].
 
En [[Galicia]] é un santo moi venerado ao que están adicadas moitas localidades como [[San Cibrán de Aldán]], [[San Cibrao de Lás]] ou [[San Cibrao das Viñas]] ou o lugar portuario de [[San Cibrao]] no norte de Lugo.