Jean Calvin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rubinbot (conversa | contribucións)
m r2.5.4) (Bot: Engado: gd:Jean Calvin
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 4:
== Traxectoria ==
=== Formación e inicio da súa actividade reformadora ===
Nun primeiro momento Calvino realizou estudos eclesiásticos no College de la Marche e no College de Montaigne, e máis tarde seguindo os desexos do seu pai estudou Dereito e Humanidades na [[Universidade de París]] doutorándose en [[Orleáns]] no 1532 á idade de 23 anos. Na universidade Calvino entrou en contacto coas obras de [[Erasmo]], [[Martiño Lutero|Lutero]] e outros pensadores heterodoxos, ademais de participar no ambiente cada vez máis crítico e reformador que respiraron as universidades de comezos do [[século XVI]], situación que o levou dende cedo a unha rotura coa [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Romana]] e un pensamento teolóxico protestante. Por mor da súa posición relixiosa [[protestantismo|evanxélica]] abandonará a Universidade (no 1535) e adicarase a viaxar por toda Francia participando en disertacións, estudando e escribindo, non sen atopar certa resistencia das autoridades eclesiásticas das que se ve obrigado a agocharse. No 1536 publicará o seu primeiro esbozo da "[[Institución da Relixión Cristiana]]<ref>[http://www.iglesiareformada.com/Calvino_Institucion.html Institución de la Religión Cristiana (Obra en castelán)]</ref>" no que compendia as bases da [[cristianismo|fe cristiá]] e polemiza contra o que consideraba falsas doutrinas e abusos da Igrexa Romana.
 
=== Primeira etapa na reforma suíza ===
Liña 31:
Para Calvino só hai dous [[sacramento]]s que se poida demostrar que son bíblicos e instruídos por Cristo: O [[bautismo]] e a [[Eucaristía|cena do Señor]].
 
O bautismo é considerado como a admisión solemne na [[igrexa]] visible de Cristo; selo e sinal do pacto de gracia, da comuñón en Cristo, da rexeneración do fiel e da remisión dos pecados. Admítense tanto nenos pequenos como maiores, impártese unha sola vez en co mesmo ritual que na igrexa católica romana. Aínda así diferencias importantes son que o bautismo, en xeral no protestantismo, non se considera que remita ou perdoe a culpa do pecado orixinal.
 
A Cena do Señor é considerada como a participación da igrexa no corpo de Cristo, e nin como un simple memorial nin tampouco como a comuñón do corpo físico de Cristo. Rexeitan así a presencia física de Xesús e solo admiten unha presencia espiritual. Tamén rexeitan que no sacramento se produza unha renovación do sacrificio de Cristo que só aconteceu no momento histórico da [[crucifixión]].
 
=== A Igrexa ===
No calvinismo suprímese o [[episcopado]] e a [[sucesión apostólica]], así como tamén o [[papado]] romano. Se reformula o [[sacerdocio|presbiterio]] que se convirteconverte no órgano de goberno da igrexa nun consistorio ou reunión de ministros de cada igrexa. Os anciáns ou presbíteros pódense casar e teñen ó seu cargo a dirección espiritual, impartir os sacramentos e a predicación da palabra de Deus. O modelo eclesiástico calvinista e local e aínda que se forman igrexas nacionais estas non están dirixidas por ningún bispo ou arcebispo senón por un órgano colexiado de presbíteros ([[un sínodo]]) que representa as igrexas locais.
 
== A repercusión de Calvino na igrexa protestante ==