Henrique I de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Henrike I.a Portugalgoa
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 25:
Henrique era o quinto fillo varón de D. [[Manuel I de Portugal|Manuel I]] e da súa segunda muller María de Aragón, e era irmán máis novo do rei D. [[Xoán III de Portugal|Xoán III]]. Como se comprende, Henrique non tivera a esperanza de subir ao trono.
 
Ben cedo na súa vida, Henrique recibiu o sacramento da orde, para promover os intereses portugueses na [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], na época dominada pola [[España]]. El subiu cedo na xerarquía da Igrexa, sendo rapidamente [[Arcebispo de Braga]], primeiro [[arcebispo de Évora]], [[arcebispo de Lisboa]] e aínda [[inquisidor]] maior antes de recibir o título de [[cardeal (relixión)|Cardeal]], co título dos [[Catro Santos Coroados]] (1546). Aínda que nunca teña asistido a [[conclave]] ningún, chegou a ser apuntado como un dos favoritos a suceder no [[Papado|trono de San Pedro]] nos dous conclaves de [[1555]].
 
Despois da desastrosa [[Batalla de Alcácer-Quibir]] en [[1578]], despois de recibir a confirmación da morte do rei [[Sebastián de Portugal]], no [[mosteiro de Alcobaça]], acabou por suceder ao sobriño-neto. Henrique renunciou entón ao seu posto clerical e buscou inmediatamente unha noiva para así poder dar continuidade á [[dinastía de Avis]], pero o [[Gregorio XIII, papa|Papa Gregorio XIII]], que era un familiar dos [[Habsburgo]], non o liberou dos seus votos.