Abrir o menú principal

Cambios

elimino ligazón a homónimos
 
== Composición do Salterio ==
O Salterio está dividido en 150 Salmos, Cada un dos caiscales constitúes unha canción relixiosa ou cántico, aínda que un ou dous son atípicamenteatipicamente longos e poden formar un conxunto de cánticos relacionados. Cando a Biblia foi [[Capítulos e versículos da Biblia|dividida en capítulos]], cada Salmo tiña asignado o seu propio capítulo. Os Salmos son ás veces chamados capítulos, aínda que esa denominación é posterior á composición dos Salmos "canónicos" en 1.500 anos.
 
A organización e numeración dos Salmos difire lixeiramente entre os textos manuscritos hebreos ([[Textos dos masoretas]]) e os gregos ([[Biblia dos Setenta]]):
* As traducións [[Protestantismo|protestantes]] están baseadas na numeración hebrea;
* As traducións da [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxia oriental]] se basean na numeración grega;
* Os textos [[Liturxia|litúrxicos]] oficiais dos [[Igrexa Católica Romana|católicos]] seguen a numeración grega, pero traducións modernas a miúdo usan a hebrea, engadindo algunhas veces, entre parénteses, a numeración grega.
 
A maioría dos manuscritos da Biblia dos Setenta tamén inclúen un [[Salmo 151]], presente nas traducións ortodoxas; unha versión hebrea foi atopada no "Pergamiño dos Salmos" nos [[Manuscritos do Mar Morto]]. Ese pergamiño presenta os Salmos nunha orde diferente de calquera outra, á parte de poemas e himnos non canónicos.
[[Ficheiro:Psałterz florianski1.jpg|thumb|250px|Salterio de San Floriano]]
[[Ficheiro:Cantoria Della Robbia OPA Florence 9.jpg|right|thumb| Nenos cantando e tocando música, ilustración do Salmo 150 (Laudate Dominum).]]
Algunhas referencias do Novo Testamento mostran que os cristiáns primitivos usaban os Salmos nos rezos e permaneceron como parte importante do culto en todas as Igrexas cristiás. As igrexas [[Igrexa Ortodoxa|Ortodoxa]], [[Igrexa Católica Romana|Católica]] e [[Igrexa Anglicana|Anglicana]] sempre usaron sistematicamente os Salmos, cun ciclo de recitación de todos eles ou dunha grande parte no curso dunha ou varias semanas. Nos primeiros séculos da Igrexa, esperábase que calquera candidato a bispo puidese recitar todo o Salterio de memoria, algo que aprendían normalmente case automaticamente durante o monacato. Hoxe en día aínda se producen novas traducións e arranxos de Salmos. Moitas denominacións conservadoras só cantan Salmos (algunhas parroquias tamén cantan o pequeno número de himnosquehimnos que se atopan na Biblia)durante o culto, e non aceptan o uso de himnos non bíblicos; algúns exemplos son a [[Igrexa Presbiteriana Reformada de América do Norte]], a [[Igrexa Presbiteriana de Westminster nos Estados Unidos]] e s [[Igrexa Libre de Escocia]].
 
Algúns Salmos están entre as máis coñecidas e preferidas das pasaxes das Escrituras, cunha popularidade que se estende máis aló dos practicantes habituais. En particular, o Salmo número 23 ("O Señor é o meu Pastor", o 22º na numeración grega) ofrécenos unha mensaxe de seguridade e é escollido moitas veces nos servizos [[funeral|fúnebres]], tanto como lectura como dentro dunha serie de himnos; o Salmo 50/51 (o ''Miserere'', pola súa primeira palabra na versión latina) é de lonxe o máis recitado na ortodoxia, na [[Liturxia divina]] nas ''Horas'', no sacramento de penitencia ou confesión e noutros casos. O Salmo 102/103 ("¡Bendi, alma miña, ao Señor, e todo o meu ser ao seu santo nome!") é unha das oracións de loubanza máis coñecidas. O Salmo 136/137 ("By the rivers of Babylon, there we sat down and wept", como unha coñecida canción de [[Bonny M]]) é unha meditación taciturna, aínda que finalmente triumfante, sobre a vida na [[escravitude]]; a Igrexa ortodoxa usa frecuentemente este himno na Coresma. En música pop, a canción de [[U2]] [["40" (canción)|"40"]] está baseada no Salmo 40 ("Pacientemente esperei ao Señor, e inclinouse cara a min, e ouvíu o meu clamor.")
49.749

edicións