Xerome de Estridón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: hy:Հիերոնիմոս
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 13:
Naceu en Estridón (''[[oppidum]]'', destruído polos [[godos]] en [[392]], situado na fronteira de [[Dalmacia]] e [[Pannonia]]) no ano 347.
 
Estudou [[latín]] en [[Roma]] baixo a dirección do máis famoso profesor do seu tempo, [[Donato]], quen era pagán. O santo chegou a ser un gran latinista e moi bo coñecedor do [[lingua grega|grego]] e doutros idiomas, pero moi pouco coñecedor dos libros espirituais e relixiosos. Pasaba horas e días lendo e aprendendo de memoria aos grandes autores latinos, [[Marco Tulio Cicerón|Cicerón]], [[Virxilio]], [[Horacio]] e [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]], e aos autores gregos: [[Homero]], e [[Platón]], pero case nunca dedicaba tempo á lectura espiritual.
 
Xerome dispuxo irse ao deserto a facer penitencia polos seus pecados (especialmente pola súa sensualidade que era moi forte, polo seu terrible mal xenio e o seu grande orgullo). Pero aínda que rezaba moito, xaxuaba, e pasaba noites sen durmir, non conseguiu a paz, descubrindo que a súa misión non era vivir na soidade.
Liña 27:
== A [[Vulgata]] ==
[[Ficheiro:CodexBeneventanusFolio5rJeromeLetter.jpg|thumb|left|200px|Folio dunha carta de San Xerome ao Papa Dámaso do ''Codex Beneventanus''.]]
As traducións da Biblia que existían nese tempo (chamadas actualmente "Vetus Latina") tiñan moitas imperfeccións de linguaxe e varias imprecisións ou traducións non moi exactas. Xerome, que escribía con grande elegancia o latín, traduciu a este idioma toda a Biblia, e esa tradución chamada "Vulgata" (ou tradución feita para o pobo ou vulgo) foi a Biblia oficial para a [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] durante 15 séculos, ata a promulgación da ''Neovulgata'' no ano [[1979]].
 
Foi un soado estudoso do latín nunha época na que iso implicaba dominar o grego. Sabía algo de hebreo cando comezou o seu proxecto de tradución, pero mudouse a Belén para perfeccionar os seus coñecementos do idioma. Comezou a tradución no ano [[382]] corrixindo a versión latina existente do [[Novo Testamento]]. Aproximadamente no ano [[390]] pasou a traballar no [[Antigo Testamento]] en hebreo. Completou a súa obra no ano [[405]].
Liña 43:
 
==Obras==
* ''De viris illustribus''.
* ''Adversus Iovinianum''.
* ''Contra Vigilantium''.
* ''Dialogi contra Pelagianus''.
* ''Liber Locorum''.
* ''Liber interpretationis habraicorum nominis''.