Karl Rahner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 1:
[[File:Karl Rahner by Letizia Mancino Cremer.jpg|thumb|150 px|Karl Rahner]]
 
'''Karl Rahner''', nado en [[1904]] e falecido en [[1985]], foi un Teólogo alemán, pertencente á [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], inicialmente posto en cuestión por esta ata a súa plena rehabilitación e consideración como un dos grandes pensadores católicos de tódolos tempos. Xunto con [[Karl Barth]] e [[Hans Urs von Balthasar]], figura entre os grandes teólogos cristiáns do século XX.
 
==Traxectoria==
Liña 40:
Neste sentido, a Escritura é a sedimentación da historia da fe da comunidade primitiva. É ela mesma tradición. Esta tradición non se esgota nos [[Pais da Igrexa]] e nos primeiros [[concilio]]s que comparten a Igrexa católica e a [[Igrexa ortodoxa]] senón que continúa hoxe.
 
É nesta perspectiva dende a cal ha de entenderse o Primado de [[pedro, papa|Pedro]] e a [[infalibilidade do Papa]]; non como a calidade dunha persoa privada ou un home illado, senón como o servizo de quen está á cabeza da Igrexa e interpreta de xeito auténtico a fe que ela vive como pobo crente dende a tradición e a Escritura, e en comuñón cos sucesores dos [[Apóstolo]]s (os [[bispo]]s).
 
Rahner, na súa defensa da ortodoxia, non fuxe da crítica sincera. Alerta do perigo do que el chama orgullo clerical, o egoísmo de grupo e do culto á personalidade incompatible co seguimento do Xesús real, ''manso e humilde de corazón''. Critica que a burocracia eclesial mire con ollos torcidos e condenatorios ao presente sen transmitir o entusiasmo do [[Espírito Santo|Espírito]]. Entende que demasiadas veces cáese en receitas baratas de pequenos cregos ou nun adoutrinamento casuístico que nada ten que ver coas situacións concretas, complexas e non racionalizables por completo da vida humana real.
Liña 50:
Neste sentido, o [[evanxeo]] ha de ser boa noticia, experiencia de Deus que libera da culpa e da anguria vital máis profunda. Se non se empeza por este anuncio do fundamental, non se deben inculcar normas morais que poderían resultar causas de coercións máis radicais e angustias máis profundas.
 
O crente no é un tipo especial de home, senón o home tal como é, aceptado e amado por Deus. Por iso o crente acéptase a sí mesmo e a súa vida concreta con todos os absurdos, misterios e contradicións. Por iso supera o medo para aventurarse nos desafíos da súa historia. Un home que vive a liberdade como apertura a todo, sen excepción. DaíDe aí nace unha visión positiva dos bens intramundanos, do amor humano, da sexualidade, da alegría, do éxito, do traballo, sen absolutizalos como [[ídolo]]s. Trátase dunha liberdade que descansa na [[esperanza]] de que tamén o negativo, a angustioso, o sombrío e o incomprensible está abranguido polo misterio sagrado do Amor Eterno.
 
Existe tamén unha experiencia de Deus non crente, nunha existencia auténtica onde se intúe unha vivencia orixinaria de Deus, aínda que innominada. A acción redentora de Deus non se limita aos muros dunha institución eclesial aínda que se encontre en plenitude na mesma. Pódese falar, xa que logo, dun cristianismo anónimo segundo a frase de S. [[Agostiño de Hipona]]: ''moitos que semellan estar dentro están fóra, e moitos que semellan estar fóra, están dentro.''. O home que aínda non coñece a Xesús de xeito explícito, ou que o descoñece pola desfiguración dos que se din crentes, pode encontralo no seu irmán e no amor a él. Especialmente nos esfameados, doentes, encarcerados e marxinados. (Mt 25-40).