Marco Križevčanin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 8:
|data de pasamento=[[7 de setembro]] de [[1619]]
|festividade=[[7 de setembro]]
|venerado en=[[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]]
|santuario principal=[[Trnava]]
|data de beatificación=[[15 de xaneiro]] de [[1905]]
Liña 17:
}}
 
'''Marco Križevčanin''' (en [[húngaro]] '''Márk Kőrösi'''), nado en [[Križevci]] en [[1589]] e finado en [[Košice|Kassa]] o [[7 de setembro]] de [[1619]], foi un relixioso católico considerado santo e mártir pola [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]].
 
==Traxectoria==
Nacido nunha nobre familia croata, estudou no colexio Xesuíta de [[Graz]], onde foi discípulo de [[Péter Pázmány]], importante figura da contrarreforma en [[Hungría]]. Estudou na [[Universidade Gregoriana]] de [[Roma]] (1611-1615), no colexio xermano-húngaro, e ao remate foi enviado a [[Zagreb]]. Permaneceu pouco tempo nesa cidade, xa que foi chamado polo seu antigo mestre Pázmány para levar o seminario de [[Trnava]].
 
A comezos de [[1619]] fíxose cargo da abadía bieita de Krána, nos arredores de [[Košice|Kassa]], entón unha cidade de maioría calvinista pertencente a Hungría; el e os relixiosos Pongrácz e Melchor Grodzieck realizaron esforzos por revitalizar o catolicismo na rexión, o que provocou o enfado dos calvinistas e que os acusaron da queima da cidade que se produciu o [[13 de xullo]] de 1619. Coincidiron estes feitos coa guerra que mantiña [[Gabriel Bethlen]], príncipe húngaro de Transilvania e calvinista, contra o emperador. As forzas de [[JorgeXurxo I Rákoczi]], comandante do exército transilvano, puxeron sitio a Kosice e entraron na cidade, prendendo os tres relixiosos e o gobernador católico da cidade. O [[7 de setembro]], Krizevcanin foi martirizado e decapitado por non renunciar ao catolicismo.
 
Foi beatificado en [[1905]] e canonizado o [[2 de xullo]] de [[1995]].