Hadrián VI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 25:
Nunha solemne declaración, aceptou a elección o 8 de marzo de 1522. Proclamou a súa confianza en [[Xesús de Nazareth|Cristo]], «que lle dará forza, aínda sendo indigno, para defender a cristiandade contra os ataques do mal, e para reducir, ao exemplo do bo pastor, a unidade da Igrexa aos que erran e están enganados»<ref>PASTOR, Papstgesch. IV, 2 p. 35</ref>. Axiña emprendeu a viaxe, acompañado do seu secretario e biógrafo, o Doutor [[Blas Ortiz]], seguindo o curso do [[río Ebro|Ebro]] até [[Tarragona]], onde embarcou cara a Roma. A cerimonia de coroación tivo lugar o [[31 de agosto]].
 
Á chegada do Papa na cidade había unha [[praga (medicina)|praga]] de [[peste]]. Ao día seguinte da coroación pediu axuda aos cardeais para o seu duplo proxecto: a unión dos príncipes cristiáns para combater o [[Imperio Otomán]] e a reforma da curia. Tivo dificultades entre os cardeais, non habituados ao seu estilo de vida sobrio e austero. O seu costume de celebrar a [[misa]] a diario, algo insólito daquela, produciu rexeitamento. No consistorio do 26 de marzo de 1523 o cardeal de Santa Croce quixo pedir a confirmación dos indultos e privilexios concedidos por León X. Cando o cardeal lle lembrou a inaudita amabilidade coa que os cardeais o elixiran Sumo Pontífice, Hadrián retrucou que o chamaran ao martirio e o cárcere. Alí tiña unha Igrexa esgotada e pobre, polo que lles debía moi pouco; eles foran máis ben os seus verdugos.
 
Curtido nos avatares políticos antes da chegada a [[Roma]], o seu breve paso polo [[Vaticano]] non lle deu oportunidade de utilizar a experiencia adquirida nas tarefas de estado. E malia que debía a elección como Papa ao empeño de Carlos V, non por iso lle foi dócil e submiso de forma incondicional.