Concilio Vaticano Segundo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 1:
O '''Concilio Vaticano Segundo''' ou '''Segundo Concilio Ecuménico do Vaticano''' foi un [[Concilio ecuménico]] da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], comezado baixo o papado de [[Xoán XXIII, papa|Xoán XXIII]] ([[1962]]) e finalizado con [[Paulo VI, papa|Paulo VI]] en [[1965]].
 
== Situación previa ==
A época previa á convocatoria do Concilio Vaticano II caracterizárase pola existencia de grandes cambios dentro do seo da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]]. Por un lado, xurdiran novas correntes [[Teoloxía|teolóxicas]]; teólogos católicos como [[Karl Rahner]], [[Joseph Ratzinger]], [[Yves Congar]] ou [[Hans Urs von Balthasar]] abriran novos camiños ao pensamento cristián ; por outro, os [[Bispo|bispos]] tiñan que afrontar unha nova situación política, económica, social e técnica. Ademais, o inconcluso [[Concilio Vaticano Primeiro]], case un século antes, deixara moitas cuestións dogmáticas sen fixar.
 
O Papa [[Xoán XXIII, papa|Xoán XXIII]] anunciou a súa vontade de convoca-lo concilio apenas tres meses após ter sucedido a [[Pío XII]]. O seu obxectivo facéndoo era, segundo el mesmo, "Abri-las fiestras da Igrexa para que poidamos mirar cara a fóra e a xente poida mirar cara dentro". De feito, non só invitou a tódolos bispos da Igrexa ó concilio, senón tamén a representantes dos [[Protestantismo|protestantes]] e [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxos]].