Basilio I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: no:Basileios I
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 10:
A causa do extenso traballo lexislativo que Basilio levou a cabo, que consistiu na recuperación e posta ao día da compilación de [[Xustiniano I]], adóitase coñecelo como o "segundo Xustiniano". As leis foron compiladas nas ''Basilica'', que comprendían sesenta libros, e ademais preparáronse certos manuais xurídicos menores chamados ''Prochiron'' e ''Eisagoge''. León VI completaría esta compilación lexislativa. Por outra banda, a administración fiscal de Basilio resultou ser bastante prudente.
 
A súa política eclesiástica destacou polas boas relacións con [[Roma]]. Unha das súas primeiras medidas consistiu en enviar ao exilio ao [[patriarca de Constantinopla]] [[Focio I, Patriarca de Constantinopla|Focio]], restaurando ao [[Ignacio I. Patriarca de Constantinopla|Ignacio I]], cuxos dereitos contaban co apoio do [[AdriánHadrián II, Papa|AdriánHadrián II]]. Con todo, Basilio non tiña a intención de someterse a Roma máis aló de certa medida. A decisión do tsar búlgaro [[Boris I de Bulgaria]] de someter á nova igrexa búlgara á xurisdición de [[Constantinopla]] supuxo un gran golpe para Roma, que pretendía facerse co seu control. En [[877]] Focio volveu ao patriarcado, e produciuse un certa ruptura, aínda que non formal, con Roma. Sería un fito máis na serie de conflitos que levaron ao [[Cisma de Oriente]] que deu lugar á separación das igrexas [[Igrexa Católica Romana|Católica Romana]] e [[Igrexa Ortodoxa|Ortodoxa Grega]].
 
O seu reinado estivo marcado por unha conflitiva guerra cos herexes [[bogomilo]]s, herdada do seu predecesor. Recuperouse [[Chipre]], pero só se puido manter durante sete anos; tamén se reconquistou [[Bari]] e gran parte de [[Calabria]], aínda que se perdeu [[Siracusa]] en [[Sicilia]]. Os éxitos militares en [[Italia]] abriron un novo período de dominación bizantina en dita península. Pero, por encima de todo, os bizantinos foron de novo señores do [[Mediterráneo]] e especialmente do [[Mar Adriático|Adriático]].