Pneumocito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
==Pneumocito tipo I==
Os '''pneumocitos tipo I''' ou '''células alveolares tipo I''' son células planas, que cobren unha área extensa, e teñen pouco grosor (0,2 [[micron|μm]]; máis grosas na zona do núcleo). A súa superficie libre é xeralmente lisa e están unidas unhas a outras por medio de [[unión hermética|unións herméticas]]. Son as responsables do intercambio respiratorio de gases nos alvéolos e cobren a maior parte da superficie alveolar (>95%). Son a metade de numerosos ca os pneumocitos tipo II, pero como estes últimos son moito máis pequenos e cobren 50 veces menos superficie da luz alveolar, os de tipo I cobren a maior parte da superficie do alvéolo (a súa superficie que dá á luz do alvéolo é 50 veces maior ca a dos de tipo II).
 
Os pneumocitos tipo I non se poden dividir [[mitose|mitoticamente]]. Poden ser danados por substancias [[toxina|tóxicas]] do aire. En caso de danos pulmonares, poden orixinarse pneumocitos tipo I a partir da diferenciación de pneumocitos tipo II.