Célula principal paratiroide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 12:
 
== Secreción de PTH ==
A secreción da [[hormona paratiroidea]] está controlada principalmente pola concentración de calcio ([Ca<sup>2+</sup>]) no plasma sanguíneo por medio dunha [[retroalimentación negativa]]. As moléculas do [[receptor sensible ao calcio]] localizadas nas células principais paratiroideas actívanse cando a concentración de Ca<sup>2+</sup> é baixa. Estes receptores están asociados á proteína G. O calcio extracelular desencadea a cascada de activación da proteína G a través da acción da fosfolipase C. Como consecuencia orixínanse mensaxeiros intracelulares (IP3 e [[diacilglicerol]]), os cales causan unha liberación de calcio dos seus depósitos intracelulares e un fluxo de calcio extracelular no espazo citoplasmático. O efecto desta sinalización por niveis elevados de calcio extracelular orixina unha concentración de calcio intracelular, que inhibe a secreción da PTH preformada almacenada en [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] nas células da glándula paratiroide. Por tanto, o exceso de calcio ''inhibe'' a fusión das vesículas e a liberación da PTH. Nas paratiroides, é o magnesio o que cumpre o papel de combinar estímulo e secreción da hormona.
 
==Notas==