Reino de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Liña 588:
 
Paralelamente ó proceso de desenvolvemento e consolidación dos emblemas reais europeos, nacían a finais do século XIII as primeiras compilacións dos mesmos, os armoriais, onde aparecían unha relación de reinos e das respectivas armas empregadas<ref name="guevara2007" />. No caso de Galiza, a antigüidade e proxección da que durante séculos gozou o reino e os seus reis, levou a que a súa representación heráldica fose ineludible en calquera armorial temperán (non así os máis recentes reinos de [[Reino de Castela|Castela]] e León), non obstante a inexistencia dunhas armas exclusivas de Galiza nese momento orixinou un baleiro que os heraldistas salvaron asignándolle unhas armas parlantes, é dicir a identificación simbólica coa fonética<ref name="guevara2007" />.
 
[[Ficheiro:GaliceCharlesV.jpg|thumb|left|220px|Anaco da obra "Pompas fúnebres do emperador [[Carlos V]]" no que se representan os estandartes do Reino de Galiza. Autor: Jean e Lucas Doetecum (séc. XVI).]]
 
Foi o armorial [[Inglaterra|inglés]] coñecido como ''Segar’s Roll'', realizado no ano [[1282]], o primeiro que asignou ó rei ('''roy de Galyce'') e reino de Galiza un símbolo, o cáliz, debido á ecuación fonética ''Galyce'' (Galiza) e ''calice'' (cáliz) que se dá na lingua [[normandos|anglonormanda]]. A partir de entón os diferentes armoriais europeos comezaron a asignar o cáliz como emblema do reino, ata que a mediados do [[século XV]], este símbolo chegou a territorio galego, onde será axiña aceptado. Conseguintemente o antigo león púrpura perdía o carácter representativo da antiga monarquía galaico-leonesa en favor do seu máis coñecido carácter parlante, sendo adoptado en exclusiva polo reino de León a partir do mesmo século.
Liña 596 ⟶ 594:
 
Cómpre salientar que por ignorar ata o máis substancial dos procesos que quedan enunciados, non foron poucos os autores que ó longo do tempo creron erroneamente que o emblema heráldico galego tivera unha orixe remota, indeterminada, ou simplemente que con anterioridade puidera haber outros de carácter semellante e idéntica significación. Algúns historiadores dos séculos [[século XVI|XVI]] e [[século XVII|XVII]], por exemplo, puxeron en circulación fabulosas invencións<ref>Eduardo de Guevara y Valdés, 2008, p.37.</ref>, como a do tantas veces repetido "dragón verde en campo de dourado", que o cronista portugués [[Rodrigo Mendes Silva]] atribuíu ós reis [[suevos]] de Galiza<ref>{{cita libro| autor =| título =Población general de España. Sus trofeos, blasones y conquistas heroicas| ano =1645| publicación =Madrid| id = }}{{es}}</ref><ref>{{cita libro| autor =| título =Catálogo Real y Genealógico de España| ano =1656| publicación =Madrid| id = }}{{es}}</ref>.
 
==Galería de imaxes do escudo do reino de Galiza==
<gallery>
Ficheiro:Reino de Galicia - Kingdom of Galicia - Segars Roll.jpg|Armas do Rei de''Galyce'' no ''Armorial Segar'', [[século XIII]].
Ficheiro:Reino de Galicia-kingdom of Galicia-Maximiliano.jpg|Armas do reino de Galicia no "Gran Carro Triungal de Maximiliano I", realizado por [[Durero]]] en 1515.
File:Reino de Galicia - Kingdom of Galicia - CarolumV.jpg|Rei e armas de Galicia segundo a ''Historia originis et succesionis regnorum et imperiorum a Noe usque ad Carolum V'', ano 1548.
File:Reino de Galicia - kingdom of Galicia - Hierosme.jpg|Armas do reino de Galicia, na obra ''Le blason des Armoiries'', do ano 1581.
[[Ficheiro:GaliceCharlesV.jpg|thumb|left|220px|Anaco da obra "Pompas fúnebres do emperador [[Carlos V]]" no que se representan os estandartes do Reino de Galiza. Autor: Jean e Lucas Doetecum (séc. XVI).]]
Ficheiro:Escudo reino de galicia.jpg|Escudo do reino de Galicia ilustrado no ''L´armorial Le Blancq'', contra 1560.
Ficheiro:Escudo-reyno de galizia.jpg|Armas do reino de Galicia, da obra ''Descripción de la costa del reyno de Galizia'', cartografía de Pedro de Teixeira Albernas, contra 1625.
Ficheiro:Cedulareinogaliza.jpg|Portada da Cédula de Comercio a favor da Compañía de Comercio, 1734
Ficheiro:Reino_de_Galicia_-kingdom_of_Galicia-troncoso.jpg|Armas do reino de Galicia, na obra "Reino de Christo Sacramentado y primogénita de la Iglesia entre las gentes'', ano 1750.
</gallery>
 
== Lingua e literatura ==