Diferenzas entre revisións de «Misticismo»

elimino ligazón a homónimos
m (r2.7.1) (Bot: Engado: war:Mistisismo)
(elimino ligazón a homónimos)
No [[cristianismo]], a experiencia non é de fusión nin de esvaemento senón de comuñón. Na [[Igrexa Siríaca]] seguen moi vivas a nivel litúrxico as experiencias místicas que se trasladaron aos cantos de [[Efrén o Sirio]]. Na [[Igrexa Ortodoxa Copta]] a vida ascética de [[Antón Abade]] segue a ser exemplo a imitar. Na [[Igrexa Apostólica Armenia]] os poemas místicos de [[Narek]] son un dos cumes literarios da lingua armenia. Na [[Igrexa Ortodoxa]] a espiritualidade pneumatolóxica recolle a tradición de [[Pais da Igrexa]] como [[Gregorio de Nisa]] e pervive a través do pensamento de [[Gregorio Palamas]] e a súas vivencias sobre as ''energeias'' divinas propias do [[hesicasmo]].
 
Na [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]] teñen particular importancia os escritos e predicacións de [[Bernardo de Claraval]] e [[Hildegarda de Bingen]] na [[Idade media]], así como o misticismo do século de ouro español con [[Tareixa de Xesús]] e [[Xoán da Cruz]].
 
No [[Islamismo]] unha corrente mística por antonomasia é o [[sufismo]]
53.373

edicións