Diferenzas entre revisións de «Jimi Hendrix»

m
→‎Traxectoria: arranxiño
m (Música rock)
m (→‎Traxectoria: arranxiño)
En [[1965]] Jimi formou a súa propia banda, chamada [[Jimmy James and the Blue Flames]]. Chas Chandler, baixista dos Animals, oíuno tocar e ofreceulle inmediatamente trasladarse a [[Londres]]. Jimi volveu a adoptar o seu verdadeiro nome modificando a ortografía. [[Chas Chandler]] conseguiulle coma baixista a [[Noel Redding]], quen en realidade era un [[guitarrista]] que necesitaba o emprego, e a un batería chamado [[Mitch Mitchell]]. Xuntos formaron [[The Jimi Hendrix Experience]]. Os Experience sacaron o seu primeiro single con Polydor, "Hey Joe" (canción de Tim Robins) chegou ó nº4 das listas. Durante 1967 conseguiu outros tres singles de éxito considerados hoxe coma clásicos: "Purple Haze", "The Wind Cries Mary" e "The Burning of the Midnight Lamp".
 
A finais de [[1967]] regresou aos [[EUA]] para tocar no [[festival de Monterrey]]. Ó finalizar a súa actuación prendeulle lume á guitarra, cousa que non fixo moita graciagraza a un dos seus managers. [[Bill Graham]] fíxose cargo entón da banda contratándoa para telonear durante varias noites ós [[Jefferson Airplane]]. Despois da impresionante actuación de Jimi na primeira noite, os Airplane retiráronse do cartel.
 
En [[1969]] Jimi, canso dos [[Experience]], separouse e sacou un disco en directo con [[Bill Cox]] ó [[baixo]] e [[Buddy Miles]] á [[batería]] que non tivo moito éxito. De mala gana volve a reunir ós [[Experience]], pero comeza a eludir as actuacións en directo. Instala en [[Nova Iork]] os seus propios estudios ("Electric Lady Studios") e dedicase a gravar.
105.148

edicións