María Lopo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4:
En [[Francia]] publicou un estudo sobre o teatro radiofónico de [[Samuel Beckett]] ([[2000]]), e o libro ''[[Guillevic]] et sa Bretagne'' ([[2004]]), centrado no poeta bretón [[Guillevic]], no que é especialista. Como investigadora, interesouse sobre todo pola poesía francesa contemporánea e polo celtismo, incluídas as relacións de [[Galicia]] co mundo celta, temas sobre os que publicou numerosos escritos en revistas especializadas e na prensa. Coordinou o monográfico ''Labirintos celtas'' de ''[[Unión Libre]]'' ([[1997]]) e publicou un ensaio xeral sobre o tema identitario, titulado "O lugar", no volume "Indíxenas" dos mesmos cadernos ([[2002]]).
 
En [[Galicia]] ocupouse do estudo e coñecemento das culturas celtas, mentres que en [[Francia]] propagou o estudo e coñecemento de [[Galicia]], pois a ela se deben numerosos artigos sobre a mesma en revistas francesas como ''Celtics'', ''Bretagne'' ou ''Cahiers Galiciens-Cadernos Galegos-Kaieroù Galizek'', e tres libros profusamente ilustrados: ''[[Fisterra]]'' ([[1999]]), ''La [[Galice]]'' ([[2002]]) e ''[[Galice]] & [[Compostelle]], l'autre [[Finistère]]'' ([[2009]]).
 
Traduciu desde o francés ao galego á poeta bretoa [[Anjela Duval]], a ''Alquimia do verbo'' de [[Rimbaud]], ao cantautor [[Léo Ferré]], á poeta surrealista [[Joyce Mansour]] e ao poeta [[Guillevic]], así como a numerosos poetas galegos ó francés. É autora da antoloxía bilingüe galego-bretoa ''Moito máis que mil anos / Muioc’h kalz eget mil bloaz'' ([[2000]]) de [[Claudio Rodríguez Fer]] e, con Annick Boilève-Guerlet da tradución ''Viaxes a ti / Voyages à toi'' ([[2008]]), de [[Claudio Rodríguez Fer]].