Revolución Libertadora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fr:Révolution libératrice Modificado: es:Revolución Libertadora (Argentina); cambios estética
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 14:
Pero a conspiración en contra do goberno de Perón continuou, conforme aumentaba o seu respaldo popular. [[Eduardo Lonardi]], que estaba preso, nomeou ao entón xeneral [[Pedro Eugenio Aramburu]] como o xefe do movemento. O presidente Perón contaba co apoio de grupos nacionalistas e católicos, tanto dentro do exército como da sociedade civil, sumados á clase traballadora e a [[CGT]]. Aramburu pensaba que aínda non era momento de sublevarse, pois a morte de Evita producira unha galvanización do peronismo, e á unidón dos traballadores en torno ao que recoñecían como o seu líder indiscutido.
 
Antes das eleccións de [[1952]], aumentou a violencia no país. O dirixente do Partido Comunista, [[Rodolfo Ghioldi]], foi ferido de bala e estivo preto da morte. [[Ricardo Balbín]], [[UCR|radical]], foi obxecto dun atentado, e o socialista [[Alfredo Palacios]] afirmou que o Partido Socialista non se presentaría ás eleccións. Simultaneamente, a propaganda antigobernamental dos partidos liberais e conservadores, apoiados pola [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]], fíxose máis evidente.
 
Perón triunfou nas eleccións de [[1952]]. A orde xeral do [[18 de abril]] de [[1952]] dicía que se debía {{Cita|aniquilar a las fuerzas adversarias ante el supuesto de un atentado contra el Presidente. El procedimiento a observar será drástico. A un atentado contestar con miles de atentados"}}