Francisco de Sales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 41:
Tal era a súa sona que o Papa [[Clemente VIII, papa|Clemente VIII]], entre o recoñecemento e a preocupación, decidiu sometelo a un exame teolóxico para contrastar, a través dun difícil interrogatorio, se eran ortodoxas as súas ideas. Máis que a exactitude nas respostas, deixou unha pegada a sinxeleza e modestia coas que expuxo os seus coñecementos doutrinais. Francisco saíu confirmado da proba.
 
Foi invitado a predicar en [[París]], na propia capela real, que se ateigaba de multitudes que acudían para escoitalo. O rei [[Henrique IV de Francia|Henrique IV]] tentou ofrecerlle unha alta dignidade na capital, pero Francisco porfiou que prefería á ''esposa pobre'' da montaña á señora rica da capital que lle ofrecían. Alí xa bispo titular, entregouse plenamente consonte ao seu dito, recollido de San Bernardo: ''A medida do amor e o amor sen medida''.
 
Tivo unha especial relación de afecto e colaboración con Xoana de Chantal cuxo froito foi a fundación da [[congregación da Visitación]] (as [[salesas]]) en 1610. Esta congregación combinaba vida contemplativa con vida activa fóra do convento axudando a enfermos e necesitados. Isto provocou a oposición do bispo de Lyon, o que obrigou a redactar unha regra inspirada na de [[Agostiño de Hipona|Santo Agostiño]].
 
Admirado pola súa fe incólume, todos comprobaron que nada tiña que ver co xélido fanatismo cando chorou con fonda dor a morte da súa nai ese mesmo ano de 1610.