Diferenzas entre revisións de «Teoloxía»

elimino ligazón a homónimos
(elimino ligazón a homónimos)
O termo teoloxía é unha palabra composta que, no seu significado literal, pode indicar un falar de Deus, ou ben un discurso sobre Deus. Se en termos xerais a teoloxía é unha reflexión sobre Deus (e neste sentido existe tamén unha teoloxía filosófica), no sentido máis corrente da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]] é unha reflexión que intenta coñecer e comprender a fe a partir da razón. Así pois, a teoloxía presupón a fe como fundamento experiencial e intenta nela e a través dela o coñecemento e a comprensión da fe. Noutras palabras, é unha actividade intelectual, metódica e crítica que presupón a adhesión á fe católica. Para indicala sinteticamente, resúmese a miúdo á fórmula de [[Anselmo]]: ''[[“Fides quaerens intellectum”]]:'' (a teoloxía é a vontade da fe de comprender).
 
[[AgstiñoAgostiño de Hipona|Santo Agostiño]] tomou o concepto ''teoloxía natural'' (''theologia naturalis'') da grande obra «''Antiquitates rerum divinatum''», de [[M. Terencio Varrón]], como única teoloxía verdadeira de entre as tres presentadas por Varrón: a mítica, a política e a natural. Sobre esta, situou a ''teoloxía sobrenatural'' (''theologia supernaturalis''), baseada nos datos da revelación e xa que logo considerada superior. A ''teoloxía sobrenatural'', situada fose do campo de acción da Filosofía, non estaba por baixo, senón por encima desta, e considerábaa a súa serva, que a axudaría na comprensión de Deus.
 
''[[Teodicea]]'' é un termo empregado actualmente como sinónimo de ''teoloxía natural''. Foi creado no [[século XVIII|s. XVIII]] por [[Leibniz]] como título dunha das súas obras: «''Ensaio de Teodicea. Acerca da bondade de Deus, a liberdade do home e a orixe do mal''», aínda que Leibniz referíase con ''teodicea'' a calquera investigación cuxo fin fose explicar a existencia do mal e xustificar a bondade de Deus.
52.574

edicións