Projecto Mourente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 20:
En maio de 2008, lanza ''Kara.o.ke'', o segundo álbum do proxecto, de novo na [[A Regueifa Plataforma|Regueifa]]. O lanzamento na rede fíxose cun clip do tema "Os piores inimigos". Neste segundo traballo colaboraron diferentes artistas como Noel Feáns de [[Fanny + Alexander]], Martin Wu de [[The Homens]], [[Cable]] ou [[Colectivo Oruga]]. Ademais das voces de Carlos e Yolanda, tamén contou coa colaboración de Xan Vázquez, quen xa cantara con Projecto Mourente na versión de "Corpiño Xeitoso". Con "Kara.o.ke", o proxecto continúa a liña iniciada no primeiro traballo con cancións bailábeis de pop electrónico programadas e gravadas nun simple estudio caseiro.
 
No verán de 2008, o tema "Chuliboy" resulta finalista no concurso [[A_polo_ghit|A Polo Ghit]]. En decembro de 2008 os lectores do [[Xornal de Galicia]] escolleron ''Kara.o.ke'' como un dos mellores discos galegos do ano. Durante 2008 e 2009 o Proxecto Mourente continuou dando concertos en diferentes lugares de Galiza. Na primavera de 2010, o guitarrista Álex Lópex Sueiras deixa o proxecto e suspéndense os directosconcertos. O proxecto Mourente céntrase entón na elaboración dun novo álbum.

Entre ese ano2010 e 2011, Carlos Valcárcel participa no programa de dinamización lingüística "Detrás da Canción". Xunto cos [[The Homens]] percorre ao redor de 50 concellos galegos mostrando a nenos e adolescentes as posibilidades que ofrecen os computadores persoais e os tablets para facer música na casa.
 
No final de 2011, as demos do novo álbum do Projecto Mourente entran no estudio de Tomás Ageitos. O 16 de xaneiro de 2012 lánzase finalmente á rede "Ao teu redor", un tema de adianto acompañado dunha nova versión de "Baixo os eucaliptos".