Diferenzas entre revisións de «Decretos de Nueva Planta»

m
pequenos erros
m (pequenos erros)
 
==Precedentes==
A ocupación militar da Coroa de Aragón e a consecuente aplicación dos Decretos de Nueva Planta representaron a aplicación dos plans do Memorial Secreto de [[Conde-Duque de Olivares|Gaspar de Guzmán]], conde-duque de Olivares, ao rei, para "reducir estosestes reinos de qué se compone España al estilo y leyes de Castilla sin ninguna diferencia" ([[1625]]). Cos Decretos de Nueva Planta, o primeiro rei da casa de [[Borbón]] seguiu, por outra banda, a política aplicada a [[Cataluña do Norte - Catalunya del Nord|Cataluña do Norte]] polos seus antepasados desde o [[Tratado dos Pireneos]] e a concepción absolutista do poder da monarquía.
 
==Consecuencias xurídicas==
[[Ficheiro:Cortes Catalanas.jpg|thumb|right|[[Cortes Catalanas]] nunha miniatura dun incunable do século XV.]]
 
O Estado Central organizouse en [[provincia]]s gobernadas por un [[Capitán Xeral]] e unha audiencia, encargados da administración. Para a administración económica e financeira establecéronse as [[intendencias provinciais]], seguindo o modelo francés, que conlevaronlevaron consigo a aparición da figura dos [[intendente]]s.
 
Para o Goberno Central creáronse as secretarías de Estado, orixe dos actuais [[ministerio]]s, que eran ocupadas por funcionarios designados polo rei. O sistema de Consellos dos reis da casa de Habsburgo foi abolido, agás o [[Consello de Castela]], que centralizou o poder e onde a Coroa de Aragón en conxunto tivo menos representación que [[reino de Galicia|Galicia]], [[Asturias]] e [[Navarra]] por separado. Creáronse tamén unhas Cortes únicas para todo o territorio, con sede en Madrid. Estas Cortes remarcaban a unidade e o centralismo pero non tiñan poder ante o poder absoluto do rei Borbón.
1.849

edicións