Constantino IX: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: no:Konstantin IX
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 3:
'''Constantino IX''' Monómaco (c. [[1000]] - [[11 de xaneiro]] de [[1055]]) reinou como [[Emperadores bizantinos|emperador bizantino]] do [[11 de xuño]] de [[1042]] ao [[11 de xaneiro]] de [[1055]]. Foi elixido por [[Zoe Porfiroxénita|Zoe]] como marido e coemperador en 1042, aínda que se atopaba no exilio por conspirar contra o seu anterior marido [[Miguel IV]]. Gobernaron conxuntamente ata a morte de Zoe en [[1050]].
 
En [[1043]] relevou ao xeneral [[Xurxo Maniaces]] do seu mando militar en [[Italia]], e en consecuencia Maniaces declarouse a si mesmo emperador. Cando as súas tropas estaban a piques de derrotar a Constantino nunha batalla, Maniaces foi ferido e morreu no campo de batalla, dando fin á crise. Xusto trala vitoria, Constantino foi atacado por unha flota dos [[Rus]] de [[Kiev]], que seguramente fora contratada por Maniaces. Tamén esta flota foi derrotada grazas ao uso do [[lume grego]].
 
En [[1046]], os bizantinos tiveron un primeiro contacto cos turcos [[selxúcidas]]. Loitaron nunha batalla en [[Armenia]] en [[1048]] e estableceron unha tregua para o ano seguinte. Con todo, en [[1053]] Constantino viuse obrigado a licenciar ás súas tropas armenias por razóns económicas, deixando a fronteira oriental do Imperio mal defendida.
 
En [[1054]] as diferenzas seculares entre a [[Igrexa ortodoxa]] grega e a [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]] romana deron lugar á súa separación definitiva. Os legados do papa [[León IX]] [[excomuñón|excomungaron]] ao [[patriarca de Constantinopla]] [[Miguel Cerulario]], ao non estar este de acordo coa adopción de certas prácticas eclesiais occidentais; e Cerulario replicou excomungando aos legados. Este feito anulou as posibilidades dunha alianza entre Constantino e o Papa contra os [[normandos]] do sur de Italia.
 
Constantino quixo intervir, pero enfermou e morreu o 11 de xaneiro do ano seguinte. [[Teodora Porfiroxénita|Teodora]], a filla maior de [[Constantino VIII]], que xa reinara xunto coa súa irmá Zoe, foi nomeada emperatriz.