Miguel VIII Paleólogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Mikel VIII.a Paleologo
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 16:
En [[1263]] e [[1264]] respectivamente, Miguel, co apoio do Papa [[Urbano IV]], asinou as paces con [[Guillerme II Villehardouin]], príncipe de [[Acaia]], e con Miguel, déspota de [[Epiro]], que foran incitados polo Papa a atacalo, pero que foron derrotados na [[batalla de Pelagonia]] en [[Tesalia]] (1259). Villehardouin viuse obrigado a ceder [[Mistra]], [[Monemvasia]] e Maina, en [[Morea]]. Posteriormente, Miguel tamén loitou contra os xenoveses e venecianos, cuxa influencia en Constantinopla quería reducir, mantendo o equilibrio de forzas entre ambos grupos de italianos.
 
Co fin de aproximarse ao Papado, e separalo dos seus outros inimigos, Miguel decidiu unificar a [[Igrexa ortodoxa|Igrexa bizantina]] coa [[Igrexa católicaCatólica Romana|católica]]: para iso, asinouse unha débil unión entre ambas igrexas no [[Segundo Concilio de Lión]] en [[1274]]. Tomou esta decisión con grandes prexuízos no seu Imperio, pois as súas prisións enchéronse con moitas persoas fieis á fe ortodoxa. Durante certo tempo pareceu que a medida funcionara, pero finalmente, o Papa Martiño IV (que en parte seguía as ordes de Carlos de Anjou) o [[excomuñón|excomungou]]. Agora necesitaba unha nova táctica e fixo uso da diplomacia bizantina para conseguir que os cataláns de [[Pedro III de Aragón]] atacasen [[Sicilia]], nas famosas [[Vésperas sicilianas]], partindo así en dous o reino de Carlos de Anjou.
 
Ao reconstruír o Imperio bizantino, Miguel recuperou a antiga administración sen preocuparse de corrixir os seus abusos. Así, reduciu a lei das moedas, o que conduciu á decadencia do comercio bizantino. Morreu en [[Tracia]] en decembro de [[1282]], pero a súa dinastía se prolongou durante case dous séculos, un período máis longo có de calquera outra da historia romana.