Protestantismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: ckb:پڕۆتێستانت
Servando2 (conversa | contribucións)
 elimino ligazón a homónimos
Liña 24:
*''Solus Christus'': Unicamente Cristo é quen nos dá a vida eterna. Non hai vida eterna sen El.
 
Diferenzas entre as igrexas protestantes e a [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]]:
*Non recoñece a autoridade do Sumo Pontífice , o [[Papa]], como vicario de Cristo na Terra nin a ningún dos Patriarcas da Igrexa Ortodoxa.
*A [[Biblia]] é a fonte única de autoridade, ''Soa Scriptura'', a tradición eclesiástica non ten ningunha validez se non está sustentada e xustificada na Biblia.
Liña 59:
A intervención da imprenta, novo elemento tecnolóxico divulgador tanto do contido crítico do pensamento humanista como da Biblia, da patrística e dos criterios ético-teolóxicos e espirituais dos reformadores. O libro convértese en elemento emancipador das conciencias. Os novos descubrimentos xeográficos e astronómicos ([[América]], [[Oceanía]], [[Cristovo Colón]], [[Copérnico]], [[Galileo]], [[Keppler]]), puxeron en dúbida os dogmas escatolóxicos e estruturais da Igrexa. O crecemento ascendente da cidade e do seu elemento intelectual: A Universidade. Da universidade sairá a [[Reforma]], centro primario e constante deste movemento revolucionario. O paganismo do maxisterio e da autoridade eclesiástica. A Igrexa achábase enriquecida materialmente, pero pobre espiritualmente. Isto xerou toda unha serie de resentimentos en países como Inglaterra e Alemaña onde a Igrexa posuía ata un terzo das terras.
 
O fortalecemento das monarquías mediante os enunciados do absolutismo monárquico. Este fortalecemento das monarquías nacionais europeas creou de xeito consecuente unha palpable fricción entre os dous poderes. A decadencia dos postulados dogmáticos da reforma eclesiástico-cluniacense, e máis concretamente dos papas Gregorio VII, Inocencio III e Bonifacio VIII sobre o poder supremo do papado. A corrupción da máxima cúpula do sistema xerárquico medieval desde principios do século XIV cos cismas de Avignon e de Occidente deron lugar ao xurdimento de exposicións teolóxicas como as de Xoán de Tauler, de Guillerme de Occam e de Marcelo de Padua dun transfundo antipapal. Xorde a tese conciliarista. O crecente fervor nacionalista europeo que levou a mirar con desconfianza e repudio o tiránico dominio eclesiástico-papal sobre as diferentes nacións do vello continente. Moitos monarcas viron na Reforma un modo de afianzar o estado nacional e o seu poder monárquico ou imperial. No norte de Europa houbo casos de países como Suíza ou Suecia onde a Reforma foi un dos instrumentos máis eficaces da loita independentista contra os países católicos que os dominaban. A rápida decadencia do [[escolástica (filosofía)|escolasticismo]] e o rexurdimento da teoloxía agostiña cuns caracteres renovadores. Volve con maior vigor a lectura e o estudo da teoloxía de santo Agostiño en detrimento notable da teoloxía tomista. A reiterada resistencia papal á realización dun concilio que reformase á Igrexa. Como xa o contemplamos, a historia móstranos a realización de cinco concilios, a maioría deles realizados coa aberta resistencia e oposición do mitrado romano.
 
==Programa reformador==