Ángel Amor Ruibal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
 elimino ligazón a homónimos
Liña 1:
'''Ángel María José Amor Ruibal''', nado en [[Porráns, Barro, Barro|Porráns]] ([[Barro]]) o [[11 de marzo]] de [[1869]] e morto o [[4 de novembro]] de [[1930]], foi un destacado pensador [[Galicia|galego]].
 
Malia as múltiplas preocupacións e unha precaria saúde, logrou unha estensa produción apoiada na súa enorme erudición novecentista, abranguendo a [[lingüística]], a [[historia]], a [[canonística]] teórica e práctica, a [[teoloxía]] e sobre todo a [[filosofía]]. Contando cunha prodixiosa memoria, a súa tenacidade superou a dificultade que existía no afastamento de Santiago respecto dos centros culturais e do ambiente cultural en xeral, sobre todo para a xente que rodeaba a Amor Ruibal.
Liña 25:
*Porén, séguese sen saber nada do proxecto ''Los problemas fundamentales de la Filosofía y el Dogma'', previsto para 17 tomos.
 
Especial atención merece a súa preocupación [[filoloxía|filolóxica]] polo [[Lingua galega|galego]], alén da reclusión á [[lírica]]: xa daquela afirmaba que "tiña aptitudes para todos os xéneros de forma literaria". Sen perder o tempo en disquisicións terminolóxicas sobre se o galego é [[lingua]] ou [[dialecto]], o seu magno proxecto inacabado era un estudo científico do galego cun dicionario [[etimoloxía|etimolóxico]] mesmo ata o [[sánscrito]], para o que afirmaba "ter recollido bos materiais". Sen caer nos extremos na controversia imperante do celtismo lingüístico e cultural, pon equilibrio na disputa hoxe chamada [[reintegracionismo]]: o galego dende a perspectiva da [[lexicoloxía]] ten fortes proponderanciapreponderancia da asimilación galaico-portuguesa, pero é lexítima se non se cae no abuso debido á singular evolución histórica do galego. Á vista disto pode verse o gran sentido práctico de quen podería ter estado vivindo nun aparte especulativo.
 
Neste aspecto de coidado ós asuntos máis concretos, o seu labor persoal estendíase mesmo dende á realización e composición material dos libros escritos en [[alfabeto]]s non latinos na [[tipografía|prensa]]. No ano [[1927]] cobre a praza de [[Vigairo]] capitular, publicando 17 circulares, resolvendo preitos xurídicos e administrativos e organizando coma Gobernador eclesial e Provisor do arcebispo, e abordando temas tan dispares coma o precepto [[pascua]]l ou a [[casuística]] das [[bula]]s, a formación seminarista, a organización das mocidades, a prensa católica, promulgación e levantamento de excomuñóns para o enterramento dun suicida ou a renovación do edificio do Seminario.
 
==Influencia==
Á parte de ser unha das figuras claves da [[filoloxía]] e [[lingüística]] coas que a [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]] contribuíu ó [[Galeguismo (política)|galeguismo]] (xunto con [[Sarmiento]], [[Antonio Noriega Varela]] e en xeral toda a xeración do seminario de [[Mondoñedo]]), a súa posición orixinal na resolución da crise modernista, sen darse ó historicismo relativizador nin á ortodoxia fosilizada nun pensamento ahistórico e inxenuamente realista. En boa parte, hai que interpretalo en relación coa Teoloxía liberal protestante (cuxos maiores exponentes españois son [[Miguel de Unamuno]] e mais Amor Ruibal) paralelo ó proxecto de [[Harnack]], independentemente da controversia pro- ou anti-[[escolasticismo|escolasticista]]. Por moito que esta sexa a súa formación, o seu pensamento renovador e a súa fonda intuición non se restrinxiron a este encadramento.
 
No ano 2004 instituíuse o Arquivo Amor Ruibal (en formación no Instituto Teológico Compostelano) que conta con correspondencia, escritos menores do autor, anotacións, fotos e noticias xornalísticas.