Ano bisesto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: kk:Кібісе жылы
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 4:
 
== Causa dos anos bisestos ==
=== Período de traslacióntranslación terrestre ===
A razón de que existan anos bisestos é que a [[Terra]] non tarda exactamente 365 días en dar a volta arredor do [[Sol]], senón que tarda aproximadamente 365,25 días solares (1 ano trópico) (*). Pero como o ano común ten 365 [[día solar|días solares]] exactos, ese sobrante anual dunhas 6 horas representa case 1 día cada 4 anos, que se lle engade ao mes de febreiro por motivos históricos.
 
Liña 34:
 
==== Calendario gregoriano ====
En 1582 o Papa [[Gregorio XIII, papa|Gregorio XIII]] implantou o calendario gregoriano. O obxectivo foi corrixir o atraso acumulado. Definiuse que o axuste debería ser feito de forma que o [[equinoccio]] de marzo caíse no día 21 daquel mes, o que estaba en conformidade co primeiro [[Concilio de Nicea]] (ano 325). A verdade é que esa definición do equinoccio de marzo foi tamén en consonancia coa vontade da [[Igrexa Católica Romana|igrexa católica]] de definir a comemoraciónconmemoración da [[Pascua]] cristiá en data diferente da Pascua xudaica (''Pesach'').
 
Entre 325 e 1582 pasaron 1257 anos, co cal acumuláronse, despois de 1257 anos, aproximadamente 10 días (9,82 días) de desfasamento. Polo tanto, en 1582, na transición entre os calendarios xuliano e o gregoriano, o día 4 de outubro foi seguido polo día 15 de outubro. Eses 10 días elimináronse do calendario de aquel ano.