Aguasantas, Cerdedo-Cotobade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
actualizo datos de poboación
→‎Patrimonio: + datín
Liña 19:
Conta a tradición, recollida polo [[Andrés María Solla García|padre Solla]], que na Idade Media a única igrexa da zona era a da parroquia de [[Caroi]]. Un domingo unha cega do lugar das [[As Boliñas, Aguasantas, Cotobade|Boliñas]] ía a misa acompañada dun familiar, e ó pasar a carón dunha fonte, ó pé da casa, lavouse. Ó pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tralo milagre, impulsada por un presentimento, atopou unha imaxe da Virxe entre a maleza. Logo de correrse a voz, os frades do [[Mosteiro de San Pedro de Tenorio|mosteiro de Tenorio]] promoveron a construción dun novo templo, comprometéndose a ir dar a misa.
 
Nesta parroquia, no lugar da Pena, naceu o escultor [[Xosé Cerviño García]] ([[1843]]-[[1922]]), autor do [[cruceiro do Hío]]) e mais o pai franciscano [[Andrés Solla García]].
 
==Galería de imaxes==