Senén Bernárdez Álvarez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 3:
== Traxectoria ==
 
Nado en Gomesende (Ourense) en 1930. Licenciado en Filosofía pola Universidad Pontificia de Comillas e en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1955 estableceuse con Oficina de Farmacia en Padrenda (Ourense), en 1958 trasladouse a Ourense, onde exerceu a profesión de farmacéutico ata o seu retiro en 2005. Foi presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense entre 1968 e 1981. Durante estes anos desempeñou outros postos destacados no campo farmacéutico.
 
Entrou en política coa [[UCD]], pola que foi elixido deputado no [[Parlamento de Galicia]] en 1981. Logo das [[Eleccións Xerais 1982 en España|eleccións xerais de 1982]], foi un dos tres senadores galegos designados pola comunidade autónoma, e o único que representou a UCD. Porén, coa disolución da [[UCD]] integrouse en [[Coalición Galega]], de quen actuou como senador no grupo Mixto ata [[1986]].