Monofisismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: eu:Monofisismo
Servando2 (conversa | contribucións)
eliminio homónimos de Igrexa Católica
Liña 1:
O '''monofisismo''' é unha [[doutrina]] [[cristianismo|cristiá]] que xorde no [[século VI]] e que defende a existencia dunha soa natureza en [[Cristo]]. Dentro do monofisismo existen diversas posturas explicativas desta unicidade natural, algunhas fusionistas como o monofisismo real ou eutiquianismo e outras que sen negar a humanidade e a divindade de Cristo consideran que existe unha soa [[natureza]] ou [[ser (filosofía)|ser]] único: monofisismo verbal.
 
==Monofisismo real==
No monofisismo real deféndese que na [[encarnación]] de Cristo a natureza humana foi absorbida pola divina, de modo que en Cristo só se pode falar dunha natureza divina e unha aparencia humana. Esta doutrina foi condenada no [[Concilio de Calcedonia]] ([[451 d.C]]) onde se formulou definitivamente a que sería a doutrina oficial da igrexa: Que en Cristo existen dúas naturezas, humana e divina, que permanecen inconfusas, indivisas, inmutables e inseparables, reunidas nunha soa [[persoa]] ou [[hipóstase]].
 
==Monofisismo verbal==
Como reacción a postura do Concilio de Calcedonia e a pesar de que se abandonou a posición realista algúns [[teoloxía|teólogos]] e igrexas seguiron mantendo posicións monofisitas máis moderadas. Aceptouse a existencia de humanidade e divindade en Cristo pero rexeitouse a idea da hipóstase ou persoa entendendo no seu lugar unha soa natureza. Esta posición vense considerando hoxe en día por algunhas igrexas como a [[Igrexa Católica Romana|Católica]] como non [[herexía|herética]] na realidade se non como herética na súa formulación verbal, de aí que se coñeza a postura como monofisismo verbal.
 
Dentro do monofisismo verbal, hoxe en día hai tres igrexas que se definen como monofisitas, a [[Igrexa Apostólica Armenia]], a [[Igrexa Siríaca]] e a [[Igrexa Ortodoxa Copta]] incluíndo nesta a [[Igrexa Etíope Tewahedo]].