Medina Sidonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
Liña 128:
 
== Historia ==
Os primeiros asentamentos poboacionais na zona dos cales temos indicios, datan da [[Idade do Bronce]] Final. Atopáronse no ''Cerro de las Madres'' unha gran cantidade de fragmentos de materiais cerámicos realizados a man e algúns útiles líticos. Parece ser que estes habitantes estaban en relación coa cultura [[Tartessos|tartésica]].<ref>{{Cita Web
| autor = Montañés Caballero, Salvador
| título = Medina Sidonia Tartésica y Fenicia
| ano = 2001
| publicación = Puerta del Sol
| url = http://revistapuertadelsol.com/numero1/index.html
}}</ref>
 
Posteriormente ten lugar a chegada de colonos [[fenicios]] procedentes de [[Sidón]], os cales fundarán unha cidade (co mesmo nome que o da súa cidade de procedencia) sobre a base da ocupación indíxena anterior.
 
[[Ficheiro:MurallasMedina-BarrantesMaldonado.jpg|left|thumb|250px|Debuxo de Medina-Sidonia de Pedro Barrantes Maldonado.]]
No [[século -III|século III a.C.]] os romanos ocuparán todo o territorio peninsular que anteriormente estaba en mans dos [[Cartago|cartagineses]]. En torno ao [[século I]] construirase un novo núcleo urbano que ocupará todo o espazo do que hoxe é o Conxunto Histórico. Por concesión de [[César Augusto]], a cidade promociona o seu anterior status municipal e convértese en colonia con dereito romano (''civitas optimo jure''). Era coñecida polo nome de ''Asido'', ''Caesarina'', ou de forma completa como [[Asido Caesarina Augusta]]. Estaba situada na [[Baetica|Provincia Ulterior Bética]], pertencendo ao convento xurídico ''Hispalensis'' (con capital en [[Hispalis]]).
 
Na Hispania visigoda foi capital de provincia e tamén sede episcopal da [[igrexa católica]], entón coñecida como [[Asidona]], sufragánea da [[Arquidiocese de Sevilla]] que comprendía a antiga provincia romana de [[Bética]] na [[diocese de Hispania]].
 
No ano 712 a cidade é conquistada polo militar [[musulmán]] [[Musa ibn Nusayr|Musa]], converténdose así nun dos primerios territorios ocupados durante a invasión musulmá da [[Península Ibérica]]. Foi capital da [[cora]] musulmá denominada [[Cora de Sidonia]] (tamén coñecida como ''de Saduna''). [[Afonso X o Sabio]] reconquistou a cidade o [[22 de setembro]] de [[1264]], pasando a ocupar a liña fronteiriza contra o [[Reino de Granada|Reino nazarí de Granada]], motivo polo cal aparece nalgún documento medieval coa denominación "de la Frontera".
 
En tempos da [[Reconquista]] foi sede de varias ordes militares. Entre elas destacan a [[Orde de Santiago]] e a [[Orde de Santa María de España|Orde de Santa María]].
 
En [[1440]] entra a formar parte do Señorío dos [[Ducado de Medina-Sidonia|Duques de Medina-Sidonia]].
 
== Economía ==