Xerez da Fronteira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 119:
Jerez foi tradicionalmente unha cidade centrada na industria vinícola, con exportacións do [[Denominación de Orixe Jerez|Jerez-Xerez-Sherry]] a todo o mundo. Debido a non contar coa estrutura social de funcionariado que si gozan outras cidades, Jerez baseou a súa economía na industria. Ademais da produción e comercialización de viño, tamén se cultivan froitas, cereais e hortalizas e se cría gando vacún e equino.
 
Tras a crise adegueira a comezos dos 90, actualmente a cidade busca diversificar a industria. Un sector económico fomentado con éxito é o turismo, debido á forte identidade dos acenos da cidade ([[Xerez (viño)|viño]]/[[Brandy de Jerez|brandy]], [[flamenco]] e [[cabalo]]s), o atractivo dos festexos e ao importante patrimonio histórico que posúe, ademais de eventos como o [[Mundial de Motociclismo]], que se celebra no [[Circuíto Permanente de Jerez|Circuíto de Jerez]].
 
De forma paralela, outras accións oriéntanse á localización da cidade como centro loxístico en Andalucía occidental, con grandes superficies e naves de distribución, buscando as sinerxías entre o ferrocarril, o [[Aeroporto de Jerez|aeroporto]] e os portos próximos ou o [[Parque Tecnolóxico Agroindustrial de Jerez]], no que se está envorcando a [[Universidade de Cádiz]] a través do [[Campus de Jerez de la Frontera|Campus de Jerez]]. Tamén se intenta promover a cultura emprendedora.